Dolmen

MAR DOPICO

A CORUÑA CIUDAD

ERA VISTO

09 dic 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

A DEPUTACIÓN da Coruña mercou a finca que circunda o dolmen de Axeitos, unha medida que, xunto con pequenas intervencións que se prevé facer, teñe como obxectivo protexer estes restos megalíticos e poñelos en valor. Invertir na conservación do dolmen nas condicións máis óptimas posibles, sen desvirtuar o seu entorno, é un acerto. As xeracións futuras o agradecerán.