Doce concellos da comarca recibirán 380.000 euros da Xunta para instalacións e material deportivo
CARRAL

O delegado Gonzalo Trenor fixo o anuncio nunha visita no complexo de Carral
14 sep 2023 . Actualizado a las 18:18 h.O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou este xoves o complexo deportivo de Carral no que se vai a levar a cabo a instalación de céspede artificial nas piscinas exteriores grazas a un apoio da Xunta de 28.000 euros. Este concello tamén recibirá outro apoio de case 10.000 euros para a mellora do equipamento deportivo do ximnasio municipal. Trenor comunicou que estas axudas encádranse dentro dunha nova orde de subvencións dirixidas a concellos para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable. En total na comarca da Coruña foron 12 os concellos beneficiados por algunha das dúas liñas (instalacións ou equipamentos), ou con ambas por un importe de máis de máis de 380.000 euros en 20 axudas. En concreto, Bergondo, Carral, Miño, Oza-Cesuras, Mesía, Vilasantar, Irixoa, Abegondo, Aranga, Arteixo, Vilarmaior e Culleredo.
O importe total destas axudas ascende en Galicia a preto de seis millóns de euros (5.822.492 euros), dos que 3,4 serán sufragados neste 2023 e os 2,4 restantes no 2024. Do orzamento total, 5 millóns de euros van destinados á liña I -instalacións deportivas- e os restantes 800.000 euros á liña II -material deportivo-.
Trenor sinalou que o importe das subvencións serán o 80 % do investimento subvencionable, ata o límite de 50.000 euros na Liña I e 10.000 euros na Liña II. A porcentaxe restante será achegada pola entidade beneficiaria.
Perante o éxito desta convocatoria que provocou que 22 solicitudes de entidades municipais foran desestimadas por esgotamento de crédito, a Xunta decidiu sacar unha nova convocatoria de 2 millóns de euros para poder cubrir estas e outras novas peticións que rematou o seu prazo de solicitude o pasado 10 de setembro. A provincia máis beneficiada por este nova orde foi A Coruña con 87 axudas para 53 concellos.