—Rectificaría algo nestes tres anos na súa relación co xa ex socio de goberno?
—O que quero dicir é que abandonan o goberno no peor dos escenarios, con proxectos modificados por iniciativa do señor Couto e outros que están sen facer. Mira, tamén temos a Festa do Pan, para a que o señor Couto se comprometeu coa Deputación en conseguir 40.000 euros. E aínda vai a solicitude ao pleno este xoves e a feira é en maio.
—Carral é un goberno satélite de Ángel García Seoane?
—En ningún momento o señor alcalde do Concello de Oleiros se meteu en ningunha actuación nosa. Pero el é presidente de Alternativa dos Veciños, e eu teño que seguir as directrices que me mandan, pero xamais me dixo o que eu tiña que facer en Carral, ao contrario, téñolle que estar moi agradecido polo apoio que prestou ao noso Concello.
—Sorprendeulle coñecer a renuncia o domingo a través do periódico?
—Era Pablo Couto o que me dicía, «Échame». Pero eu lle respostaba: «Tranquilo, neniño, que eu non te vou botar».