Toda unha vida dedicada ao servizo dos veciños de Carral

Florinda Duarte

CARRAL

J. M. CASAL

03 nov 2018 . Actualizado a las 11:07 h.

Hoxe, todo Carral está de loito. Pedro Castro García, un dos nosos mellores e máis incansables voluntarios de Protección Civil, faleceu esta madrugada, deixando tras de si un oco difícil de encher.

Pedro dedicou unha vida enteira aos carraleses e carralesas. Os seus 14 anos de servizo, o seu esforzo e tesón convertérono, non só nunha parte fundamental de Protección Civil, senón tamén nun veciño moi querido por todos e todas.

Desde Protección Civil queremos facerlle unha pequena homenaxe para agradecerlle, non só a súa inestimable axuda, senón tamén todos eses momentos que compartimos xuntos. Así mesmo, queremos trasladarlle á súa familia e amigos as nosas condolencias. O seu labor e dedicación perdurará por sempre na memoria de todos. Descanse en paz.