Ricardo Ferreiro: «Moitos anfibios morren só por compartir auga con este crustáceo»


a cORUÑa / lA vOZ

Dende o grupo naturalista Hábitat, da Coruña, ollan dende hai anos a evolución do encoro de Cecebre e a de especies como este cangrexo. 

-Cádralles ese rebaixa na poboación da que falan os biólogos?

-Si. Nós fixeramos unha estima de poboación hai anos. Nas zonas de máxima densidade tiñamos máis de cen galerías en cen metros de ribeira, máis dunha galería por metro lineal nos regatos que vertían ao Mero, eran números moi altos. Hoxe a impresión é de que baixou a densidade pero segue a ser altísima.

-De todas as especies invasoras de Cecebre, cal é a peor?

-É moi difícil de responder. Dende logo que se miramos ao grupo dos anfibios a especie máis daniña é esta, o cangrexo americano. Ten un efecto sobre todo o entorno ao ter esa mecánica de revolver o fondo, alterar o limo, iso é moi daniño para as postas e as larvas. Incluso hai un traballo feito por científicos de Portugal sobre o efecto que sofren os anfibios simplemente compartindo a mesma auga que os cangrexo americano.

-E como se combate?

-Non se combate. É unha especial moi resistente. Se a eliminas dun punto de auga é capaz de percorrer por terra para ir a outro punto. Falaba fai pouco cun técnico en Meirama que atopara un exemplar en seco moi lonxe da auga, se desprazan sen ningún problema. Coida ás crías ate que son un pouquiño grandes, teñen gran capacidade reprodutiva, aliméntanse de moitas cousas... É imposible eliminalas.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de A Coruña

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
6 votos
Comentarios

Ricardo Ferreiro: «Moitos anfibios morren só por compartir auga con este crustáceo»