Asemblea Cidadá solicita o arranxo de nove camiños municipais

Redacción

CAMBRE

O grupo municipal de Cambre presentou por rexistro unha proposta para que se inclúa no plan de actuación da Deputación

28 nov 2015 . Actualizado a las 18:20 h.

O grupo municipal Asemblea Cidadá de Cambre (ACdC) fixo unha proposta ao goberno local mediante un escrito presentado no rexistro para levar a cabo a pavimentación e arranxo de varios camiños. Esta proposta contempla como primeira medida nove viales en distintas parroquias do concello. Segundo indican, na proposta tense en conta as achegas feitas polos propios veciños para que sexan incluidos neste paquete de camiños nos «proxectos complementarios do PAS 2015 da Deputación provincial con un orzamento aproximado de uns 150.000 euros», que atendendo ao seu estado de deterioro, xustifican «máis que sobradamentea a súa inclusión neste plan de actuación».

Estas actuacións consistirían en paliar, nun primiero momento, o grave deterioro dalgúns viais municipais, a espera de que se consigne unha partida presupostaria nos orzamentos de 2016 onde se contemple un plan de choque para o conxunto das parroquias. Engaden que a rede de camiños públicos do concello constitúe un elemento indispensable para a comunicación entre veciño. «O bo estado na conservación redunda no benestar do conxunto dos ciudadáns, debendo dar unha resposta adecuada a unha demanda social crecente, a mais de contribuír a xestión da conservación do sistema viario municipal», explican. A ACdC considera «impresentable» o estado actual de varios camiños do término municipal, que supoñen vías importantes de conexión entre núcleos de poboación, que na actualidade dificultan o tránsito rodado e peonil.