«Os viños de Betanzos son o meu último descubrimento»

Os premios Magnum do 2019 recoñecérono como o mellor sumiller de Galicia. Leva 20 anos, xunto ao seu tío Pepe Vázquez, á fronte da popular taberna, hoxe destino de peregrinación dos amantes do viño


Non é, nin moito menos, o primeiro recoñecemento que recibe Xurxo Rivas nos seus 20 anos de traxectoria profesional. Xa foi campión galego de sumilleres no 2006 e 2007, gañador do concurso Ganímedes de sumilleres e mellor formador en viño de Champagne no concurso europeo Ambassadeurs du Champagne.

-O xurado dixo que lle concedía o premio «por ter convertido O Secreto nun punto de peregrinación obrigatorio dentro do mundo do viño».

-[Ri] Nós xa levamos moitos anos e tivemos a sorte de que nese tempo o mundo do viño crecese moitísimo en cantidade e calidade. Iso axúdanos moito á hora de conseguir viños e facer unha selección adecuada ao perfil do noso negocio. Despois, por suposto, hai que ter as condicións óptimas para conservalos e para servilos. E o resto é poñerlle paixón.

-Porque, en que consiste realmente o labor dun sumiller?

-O labor principal dun sumiller é a selección dos viños en función da oferta que se queira ter. O outro gran labor sería o de asesorar á clientela.

-Cal foi o criterio que sostivo á hora de facer, e de manter, a carta de viños do Secreto?

-É unha carta que foi crecendo pouquiño a pouco. Sempre cunha gran presenza dos viños galegos e tamén cunha notable representación de espumosos e xenerosos, complementado con viños nacionais e estranxeiros o máis persoais posibles, que transmitan as inquedanzas dos seus produtores.

-Nos últimos anos destácase moito o nivel dos viños galegos, pero cal é o nivel dos sumilleres galegos?

-Cada vez mellor. Hai un gran afán de superación que nos obriga a todos a estar formados e informados. En xeral o mundo do viño vive en Galicia un momento moi bonito e moi doce.

-Dixo nunha ocasión que «unha mala elección de viño estraga un óptimo menú». Que lle diría a alguén que lle pide un polbo á galega cun refresco de cola?

-Todos temos a liberdade de desfrutar da comida como nos apeteza, así que non me negaría a poñerllo. Pero evidentemente gústame máis ver á xente desfrutar dun viño que dun refresco.

-Cara onde cre que evolucionarán os viños galegos nos vindeiros anos?

-Os viños galegos viviron dúas décadas incribles, tanto pola decidida aposta pola calidade por parte dos produtores como polos recoñecementos que lle chegaron dende fóra. Eu o que agardo é que se consoliden aínda máis e que se sigan mantendo como referentes eses proxectos históricos de xente que foi pioneira nesa aposta pola calidade. Xente como Luis Anxo Rodríguez no Ribeiro ou José Luis Mateo en Monterrei. Digo estes por poñer dou exemplos que eu sempre teño moi presentes.

-Cal é o viño que é a súa debilidade?

-Ningunha referencia en concreto porque me gusta probar moitos. Home, unha debilidade é o champán.

-E o seu último descubrimento?

-Igual por proximidade, os viños da terra de Betanzos. Están moi preto de nós e malia que nos últimos anos estanse a conseguir viños moi interesantes e de moita calidade seguen a ser uns grandes descoñecidos.

Los vinos favoritos de los sumilleres gallegos

SUSANA ACOSTA

Los blancos son indiscutibles, pero se meten en la lista propuestas originales y pequeñas producciones que miman el resultado final. ¿Por qué no un tinto de O Ribeiro o de Rías Baixas y un blanco de Valdeorras, Ribeira Sacra o Monterrei?

El arte de la buena mesa no se entiende sin un buen vino. Es la perfecta pareja de baile de los mil y un manjares que alimentan el alma y el estómago de esta tierra bañada por los sentidos. Pero hay tantos y tan buenos caldos para saborear que la elección se vuelve, cuando menos, complicada. Aquí te presentamos las propuestas de cinco reconocidos profesionales que nos muestran los vinos de más éxito en sus salas. La conclusión es unánime. Los más aplaudidos son vinos de la tierra, gallegos con mayúsculas, y en muchos casos se trata de propuestas originales y pequeñas producciones. Vinos de autor en los que se mima todo el proceso, desde los viñedos hasta el producto final.

Seguir leyendo

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de A Coruña

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«Os viños de Betanzos son o meu último descubrimento»