Rubén Riós: «O documental foi unha labazada de realidade que me cambiou totalmente»

A Semana Internacional de Cine de Betanzos finaliza hoxe coa proxección do documental «Máis ca vida»


betanzos / la voz

A Semana Internacional de Cine de Betanzos finaliza hoxe coa tradicional alfombra vermella e a proxección do documental Máis ca vida do director e actor ourensán Rubén Riós. Un traballo que conta coa actuación do «animal cinematográfico» Javier Gutiérrez ao que a localidade lle dedica este ano a mostra, e que estará presente hoxe na clausura.

-Como actor participou en series de éxito como Libro de familia ou Matalobos. Cando soubeches que querías dedicarte o mundo escénico?

-Eu era un rapaz con hiperactividade e déficit de atención. Un día unha mestra preguntou quen quería facer a obra de fin de curso e curiosamente a min non me gustaba estudar, pero si era un guión si. Fun o protagonista e foi a primeira vez que me dixeron moi ben. Entonces dixen que quería ser actor.

-O seu último traballo é un documental con persoas con diversidade funcional. Como xurdiu?

-Ía ser unha curtametraxe que nos levaría dous meses e medio. Finalmente o proxecto pasou a ser tamén un documental que ocupou dous anos e medio da nosa vida e que agora se converteu nunha metodoloxía de ensinanza escolar.

-Que lle aportou este traballo?

-Cambioume todo, tanto persoal como profesionalmente. É un documental que o ves e che cambia. Cando comezamos o proxecto leveime unha labazada de realidade. Dinme conta do importante que é utilizar o cine como ferramenta de inclusión, non solo social senón laboral. Logo a min me cambiou a forma de tratar e mirar cara as persoas por dentro deixando a un lado a carcasa. Son persoas discapacitadas e ás veces por iso non nos paramos a ter unha conversa con eles, non os tratamos mal, pero en certa forma por descoñecemento os miramos doutra forma. Eles ensináronme moito.

-Que significa para vostede estar presente na Semana de Cine de Betanzos?

-Eu na vida creo nos valentes e creo que é un acto de valentía facer un festival destas características polo que para min é un pracer poder poñer o noso grao de área. Só me queda darlles ás grazas por deixarnos formar parte.

-Cales son os seus próximos proxectos?

-Acabo de rodar El camino de la verdad co que fixen o Camiño de Santiago con persoas con parálise cerebral e foi moi gratificante. Ademais coa miña produtora Claqueta Coqueta estamos desenrolando formatos para outras produtoras nacionais e internacionais. E dende hai 11 anos organizo na miña terra un festival de artes escénicas.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de A Coruña

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Rubén Riós: «O documental foi unha labazada de realidade que me cambiou totalmente»