Belén Bestilleiro, unha veciña de Bergondo comprometida co seu entorno

juan fariña

BERGONDO

-

Pena polo pasamento da número 3 da candidatura bergondesa nas últimas municipais de Alternativa dos Veciños 

28 ene 2021 . Actualizado a las 09:01 h.

Forte e inesperado impacto o recibido este mércores pola mañá. Fondo pesar o que impera no grupo da Alternativa dos Veciños de Bergondo polo pasamento da nosa querida compañeira Belén. Deixounos, a piques de cumprir os 47. Un súbito mal, deses que non deixaron de existir -apesares de que nestes tempos todo parece covid-19- arrebatóunola. A nós, compañeiros que a estimabamos moitísimo; á súa familia e amigos, orfos dende hoxe dela; e aos seus veciños e veciñas, principalmente da parroquia de Lubre, onde era moi coñecida e apreciada. Este último aspecto era probablemente o que máis destacaba en Belén e lle daba un plus para dedicarse á política municipal. Porque Belén era e estaba próxima aos problemas dos veciños e veciñas. E ademais, é por riba de todo, era unha gran persoa.

Que a terra che sexa leve!