O PP noiés denuncia incumprimentos na obra de saneamento de Bergondo

BERGONDO

CEDIDA

07 feb 2013 . Actualizado a las 21:23 h.

Unha vez máis, o PP noiés denunciou a existencia de incumprimentos por parte do goberno local na execución de obras. Neste caso, os populares refírense aos traballos de saneamento que se están a levar a cabo en Bergondo dende hai cinco meses. Aseguran que existe unha total falta de planificación e responsabilizan ao alcalde por sobrecargar á brigada de obras no seu empeño de executar este tipo de actuacións por administración.

Como consecuencia disto, «obrígase» aos traballadores «a deixar as obras a medias, como sucede en Bergondo ou co saneamento de Boa, que é unha intervención financiada a través do POS 2009». Ademais, esta situación provoca, na opinión dos edís do PP, que os traballos se prolonguen o dobre de tempo.