Outra discriminación para Galiza

Avia Veira VOCEIRA DO BNG

ARTEIXO

14 oct 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Para o BNG, o que fixo Feijoo o martes é unha deslealdade para coas coruñesas e cos coruñeses, que levamos meses pendentes do que vai acontecer cos terreos do Porto mais tamén agardando a que se convoque unha consulta popular para preguntarlle ao pobo da Coruña polo futuro destes terreos. Cremos que é inaceptábel que o «acordo» que veu presentar Feijoo con Llorca leve xestándose durante meses de costas á cidade. Nós témolo claro: Feijoo veu á Coruña para salvarlle o cu a Rajoy e darnos unha mala nova da súa parte: veu dicirnos que, de novo, Galiza queda discriminada fronte a outras zonas do Estado: veunos dicir que o porto exterior da Coruña de ningunha das maneiras vai ser financiado cos fondos do Estado -tal e como aconteceu en Xixón- e que tampouco van ser cedidos ao Concello os terreos do Porto cando estean desafectados -como aconteceu en Barcelona ou Valencia-. Na Coruña, segundo dixo o outro día Feijoo, imos ter que pagar a débeda da Autoridade Portuaria derivada da construción do porto exterior vendendo terreos da cidade, só que agora son só os do hotel Finisterre e mais os de San Diego: nada novo baixo o sol.