«As denuncias entre os mesmos veciños colapsaban o departamento de Urbanismo»

d. v. abegondo / la voz

ABEGONDO

D. V.

16 abr 2016 . Actualizado a las 13:24 h.

O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso Miramontes, defende a polémica medida aprobada no último pleno municipal pola que agora as denuncias urbanísticas nese Concello implicarán que o denunciante deba pagar unha taxa de 100 euros.

-Sorprende que se obrigue a pagar ao que denuncia unha infracción.

-A proposta partiu do departamento de Urbanismo do Concello, Secretaría e Intervención, por unha sinxela razón, aquí hai moi pouquiñas denuncias urbanísticas, pero as poucas que temos son sempre dos mesmos. E levamos anos entre veciños que se levan mal e denunciándose uns aos outros e o departamento de Urbanismo ten máis chollo que atender a eses. Son menos de media ducia e colápsanos o departamento de Urbanismo.

-¿E é preciso unha taxa?

-Evidentemente aquí non hai denuncias urbanísticas, non as hai, pero as poucas que hai son sempre dos mesmos e nalgún caso levamos 15 anos vendo como veciños denúncianse entre eles e o resto dos cidadáns teñen o mesmo dereito a que se atenda con dilixencia calquera tipo de trámite urbanístico que, por suposto, os que se denuncian uns aos outros. Nós non temos inconveniente incluso en se quen denuncia ten razón devolver os cartos.

-Pero iso non quedou recollido na ordenanza.

-Non, pero pódese modificar, agora ben, incluso se alguén non ten cartos pode ir ao departamento de Servizos Sociais e finánciase dende o Concello a denuncia, pero o que non ten xeito é que teñamos aquí media ducia de casos que nos colapsan completamente o Concello e despois van ao Valedor do Pobo e despois este ven a esixirnos e estamos exclusivamente para atendelos e o resto de cidadáns que queren solicitar unha casa ou un peche teñen o mesmo dereito a que se lles atendan.

-¿Cantas denuncias urbanísticas tramitan?

-Practicamente ningunha, pero as leas entre os veciños trasládanse ao Concello porque son de balde. O problema non é a taxa nin a recadación que vai haber, porque non se vai recadar practicamente nada porque agás esas familias do resto non hai practicamente denuncias.