Actualmente xa é o voceiro municipal dos nacionalistas
08 jul 2026 . Actualizado a las 12:59 h.A asemblea local do BNG de Sada escolleu a Emilio Graña Mosquera (A Coruña, 1972) e veciño de Mondego como cabeza de lista para as eleccións municipais a celebrar en maio de 2027.
Emilio Graña, biólogo de formación e docente de profesion, repite así como candidato de novo a alcaldía sadense. Graña asume xa a portavocía do BNG na corporación durante este mandato. O BNG é a primeira forza con representación na corporación que nomea cabeza de lista e a formación está ilusionada coa perspectiva de acadar un bo resultado nas municipais en liña cos resultados acadados polo BNG en Sada as pasada eleccións ao Parlamento galego.