Carlos Callón, CTNL, A Gramola Gominola e Vitamina G reciben os Premios Rosalía de Castro
A CORUÑA
Soledad Agra salientou o traballo de todas as entidades seleccionadas, afirmando que «é un orgullo premiar a quen nos premia cada día coa defensa activa da nosa lingua»
04 jul 2026 . Actualizado a las 05:00 h.A Deputación fixo entrega do XVII Premio Rosalía de Castro de Lingua, unha iniciativa que recoñece iniciativas, traballos e traxectorias comprometidas coa promoción e dignificación da lingua galega. O escritor, profesor e activista Carlos Callón, a Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua (CTNL), A Gramola Gominola e Vitamina G foron os premiados, que recolleron os galardóns da man da deputada de Lingua, Sol Agra, nun acto que contou tamén coa actuación musical de Sheila Patricia.
Soledad Agra salientou o traballo de todas as entidades seleccionadas, afirmando que «é un orgullo premiar a quen nos premia cada día coa defensa activa da nosa lingua, e para isto naceron estes Premios Rosalía. Parabéns por ser parte, por ser orgullo, por non rendervos ás estatísticas, nin ao pesimismo».