A sede da RAG «máis superlativa e luminosa» estará lista en setembro

A CORUÑA

O presidente da RAG, Henrique Monteagudo, e Gonzalo Moure, o arquitecto desta rehabilitación, durante unha visita ás obras en xuño
O presidente da RAG, Henrique Monteagudo, e Gonzalo Moure, o arquitecto desta rehabilitación, durante unha visita ás obras en xuño Eduardo Pérez

La Voz entrou no emblemático edificio coruñés, no que residiu Emilia Pardo Bazán, da man do arquitecto que levou o proxecto, Gonzalo Moure e o presidente da entidade, Henrique Monteagudo

22 jun 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Gonzalo Moure leva máis tempo do esperado e desexado coa mente posta na rúa Tabernas, na Cidade Vella da Coruña. Desde hai tres anos traballa no proxecto que lle devolverá a vida a un dos edificios máis emblemáticos desta urbe atlántica, a sede da Real Academia Galega (RAG). Os 60.000 fondos e o incalculable patrimonio cultural que albergaba a que un día foi residencia urbana de Emilia Pardo Bazán trasladáronse provisionalmente ao polígono de Pocomaco, despois de que un informe revelase que o histórico edificio podía derrubarse case en calquera momento.

Falouse do 2024. Logo díxose que as obras rematarían no 2025 e, agora, tanto o arquitecto coma o director da RAG, Henrique Monteagudo, confirman que setembro será o mes da inauguración desta nova sede, que manterá o compromiso dunha institución que «se sinte orgullosa do seu pasado, do patrimonio histórico e da cultura da lingua galega, mais en sintonía coas demandas e necesidades do século XXI», dixo a entidade hai dous anos, cando o novo edificio era aínda un soño.

En xuño do 2026 a realidade está chea de po e entullos. Pero tamén de luz, granito, madeira e aceiro, os materiais escollidos para a rehabilitación dun inmoble que ten 1.600 metros útiles. La Voz entrou o pasado mércores no edificio, de catro plantas máis un soto que por primeira vez conectarán a rúa Tabernas co Parrote, e no que a luz é o principal protagonista. «La luminosidad es el hilo conductor de los espacios, y lo que da alegría a la distribución, además de una escalera que me enorgullece, es como la de la Ópera de Viena pero mira a la iglesia de Santiago, estoy encantado», conta o arquitecto, que gañou o concurso do Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana para facerse co proxecto. E engade Monteagudo: «Agora ves o ceo onde antes tiñas dous faiados cheos de andeis».

Moure destaca tamén que a intención do seu equipo foi «concebir el edificio como patrimonio cultural. Sé que es un término superlativo, pero ese fue el enfoque. Como no podíamos empezar de cero, estamos construyendo de una manera más directa». Máis directa e fuxindo de «materiales ostentosos, porque sería decadente», afonda o experto. «Somos hijos de la Bauhaus, racionalistas. De hecho, nunca se es suficientemente racional», di.

Eduardo Pérez

Entre as modificacións máis salientables que poderán apreciarse nesta nova sede atópase o novo salón de actos, «que contará cunha galería para que desde a rúa [Tabernas] os paseantes vexan o acto que se está a celebrar», sinala Monteagudo, quen tamén aclara que a partir de agora disporán de moito menos espazo para os fondos. «A idea de poder reinstalar os volumes reforzando a estrutura volveuse inviable. O edificio está concibido como algo máis funcional e de actividade cultural, non como un contedor de fondos». Malia iso, a terceira planta será unha zona de traballo e de consulta de biblioteca, e a maior cantidade de fondos gardaranse no amplísimo soto.

 

A Casa-Museo de Emilia Pardo Bazán será «menos kitsch»

Na primeira planta do edificio de Tabernas, 11 atópase a que, para Henrique Monteagudo, é «a razón do ser deste edificio»: a residencia urbana de Emilia Pardo Bazán. O director da Real Academia Galega (RAG) non dubidou que un dos obxectivos desta nova sede e «por en valor a figura da escritora», aínda que a súa Casa-Museo sufriu algúns cambios nesta reforma. «No va a ser tan casa como antes porque no nos interesaba esa versión más kitsch. Será una recreación que te haga respetar y valorar a Pardo Bazán», di Gonzalo Moure, o arquitecto que deseñou a rehabilitación do edificio, que engade que neste espazo haberá uns expositores «que son unos pies de acero, con vidrio y pizarra, donde se dispondrán documentos y primeras ediciones de sus obras como si fuera un atril». «Logo estarán os tapices e os cadros, obviamente», matiza Monteagudo.

Propiedade dos seus pais, a autora de Os pazos de Ulloa residiu nesta propiedade do século XVIII sendo nena, e preto dun século máis tarde as súas herdeiras doaron o edificio á RAG. Debido ao estado no que se atopaba a casa, requiriu xa nos anos 70 unha intervención integral, entón proxectada por Andrés Fernández-Albalat. «Por mor das carencias económicas non puido levarse a cabo coas calidades desexadas nin abranguer todo o que se pretendía», indicou a RAG cando plantexou a vixente reforma. Máis tarde, no 2003, volveron facerse traballos de mellora, «na procura dun discurso acorde coas expectativas tanto académicas como do público», informa a RAG.

Nesta residencia, escenario fundamental da vida persoal e literaria da escritora, dona Emilia escribiu boa parte da súas novelas, celebrou os famosos faladoiros dos xoves e foi anfitrioa de grandes festas, como as celebradas na honra de Miguel de Unamuno.

A Casa-Museo de Pardo Bazán está pechada ao público desde xullo do 2022. Malia que a RAG insiste en que buscou acordos coas administracións para atoparlle outra localización, o legado da escritora descansa na actualidade nunha nave en Pocomaco.