A Deputación convírtese nun motor do emprego na provincia grazas ao PEL

A. S. Rodríguez A CORUÑA / LA VOZ

A CORUÑA

atr

Xerou 5.376 postos de traballo e apoiou a creación de 2.062 novas empresas

17 dic 2022 . Actualizado a las 21:11 h.

Cando Valentín González Formoso foi elixido presidente da Deputación a mediados do 2015, entre os seus primeiros discursos protocolarios e as numerosas entrevistas concedidas repetía coa persistencia dun mantra a idea de que a Administración que pasaba a dirixir tiña que ser un motor de emprego, debía combater o paro dun xeito máis directo. A Deputación tiña que ser un axente de contratación para aliviar a economía doméstica de miles de familias. Foi así como naceu o PEL, o Plan de Emprego Local, un proxecto con numerosas ramificacións pero que converxen no seu obxectivo: dinamizar o mercado laboral sen rodeos.

Seis anos despois da súa estrea e con 106 millóns de euros acumulados de investimento o PEL impulsou a creación de 5.376 empregos na provincia, apoiou a 2.062 empresas de nova creación, e concedeu 4.472 axudas directas por importe de máis de 20 millóns de euros a pequenas empresas dos sectores máis afectados pola pandemia e a guerra de Ucraína. Todos estes investimentos contrastan cos que se realizaban en materia de emprego antes do 2015, con apenas 900.000 euros anuais.

Os orzamentos aprobados do 2023 reflicten novas sumas. O PEL Concellos, concedido ás Administracións locais para contratacións, estará dotado con 3,2 millóns de euros. No caso do PEL Autónom@s e Pemes (axudas ao sector privado e subvención de cuotas a autónomos) a cifra ascende a 5,5 millóns de euros. Por último, o PEL Emprende, que apoia a novos empresarios, dispón de 2.760.000 euros, que inclúen unha liña de axudas ao sector primario de 500.000 euros.

1.666 axudas extras

O ano que está a piques de rematar trouxo máis angustiosos retos á Deputación para xestionar estes fondos. O crise da guerra e o incremento dos prezos dos carburantes provocou cuantiosas perdas económicas no tecido empresarial ameazando a supervivencia de pequenos e medianos negocios ou autónomos, especialmente no sector agrario, gandeiro, pesqueiro e do transporte. A Deputación reaccionou dun xeito rápido e, tras varias reunións, abriu unha liña específica de medidas urxentes dotada con cinco millóns de euros. Así, concedeu 1.666 axudas de 3.000 euros ás persoas autónomas, pequenas empresas e microempresas dos sectores afectados na provincia. Chegaron a presentar solicitude más de 4.500 afectados.

Isto derivou na axuda a outros sectores que o estaban a pasar mal, como o das orquestras e verbenas. A Deputación optou entón por apoiar aos grupos a través de subvencións aos concellos. A partida total foi de 623.541 euros repartidos en 79 axudas con importes que oscilaban entre os 3.000 e os 15.000 euros.

«Un revulsivo»

«O PEL supuxo un revulsivo nas políticas de emprego da Deputación. Cando chegamos ao goberno, a Deputación apenas investía 900.000 euros ao ano para contratar cuadrillas de traballadores nos concellos durante os meses de verán», relata o presidente da Deputación, Valentín González Formoso. «Pero hoxe apoiamos a contratación tanto no sector público coma no privado, con incentivos especiais para ás empresas que primen a estabilidade laboral. O balance do PEL é moi positivo e sabemos que a cidadanía aprecia e valora que a Administración priorice nos seus inventimentos un ámbito tan importante como é o emprego».

Novas liñas

O deputado desta área, José Ramón Rioboo, sinala que «o PEL é un plan dinámico que se vai adaptando ás novas realidades. Nestes anos fomos incorporando novas liñas de axudas para impulsar sectores estratéxicos ou para axudar aos máis afectados por situacións tan extraordinarias como a pandemia ou a crise de prezos provocada pola guerra de Ucraína».

Atr

Jacobo Suárez (Goodlife Factory): «Con el PEL paé de ser yo solo a montar una consultoría con siete empleados»

El PEL fue un impulso tan importante para Jacobo Suárez que pasó de trabajar él solo en su consultoría (de deportes, turismo, desarrollo local, medio ambiente...) de Valdoviño a contar hoy con siete empleados. Las primeras contrataciones fueron gracias al plan de empleo de la Diputación, lo que le obligó también a buscar un lugar de trabajo ajeno a su domicilio.

—¿Qué ha supuesto el PEL para su empresa?

—Nos ha acompañado. Hace cinco años era yo con mi mochila. Y el PEL me animó a la primera contratación, pero no tenía ni dónde ubicarla, así que nos fuimos a un coworking. Y después cada año fui contratando una nueva persona. Hoy somos un equipo de ocho personas, y cinco son PEL. Lo que era un trabajo de autónomo se acabó convirtiendo en una pequeña empresa de Valdoviño desde donde competimos con otras consultorías.

—¿Cuáles son las ventajas de estas ayudas?

—Te subvencionan el primer año de contrato, pero también el segundo, aunque en menor porcentaje. Y eso anima a la contratación.

—¿Recibió algún otro tipo de subvención provincial?

—También nos dieron una ayuda para acudir a ferias, lo que nos permitió mejorar y contar con puesto propio. Fue a través del PEL-Emprende.

O presidente Valentín González Formoso e o deputado de Emprego, José Ramón Rioboo, durante unha visita ao GreenCoworking das Pontes.
O presidente Valentín González Formoso e o deputado de Emprego, José Ramón Rioboo, durante unha visita ao GreenCoworking das Pontes. TORRECILLA

Unha rede de once centros de traballo cun modelo único e pioneiro en Galicia

A Deputación da Coruña construíu unha rede de centros de traballo cooperativo, os populares coworking, onde xoves emprendedores desenvolven os seus proxectos nun ambiente de intercambio de ideas. A rede provincial inclúe o LAB Barbanza de Boiro, Daquí Darredor en Brión, o coworking Carballo, o espazo Proa de Ames, o centro comarcal de apoio ao desenvolvemento rural de Moeche, o coworking de A Capela, o Green coworking en As Pontes, o centro de emprendemento A Estación de Vedra, o coworking de A Pobra do Caramiñal, o dixital Compostela e, como buque insignia, o pazo de Arenaza en Oleiros.

Esta rede é un modelo único e pioneiro en Galicia, porque o espazo é compartido por empresas dun mesmo sector para fomentar a creación de sinerxias. «Non son coworkings onde se misturan sectores diferentes, senón que os profesionais comparten intereses parecidos», sinalan dende o ente provincial.

Reter talento

Por outra banda, estes espazos así concibidos permiten reter o talento dos emprendedores locais, procurar que a xente non teña que mudarse ás cidades para ter hábitats de traballo destas características con asesoramento e apoio para desenvolver e consolidar a súa idea de negocio.

Vinculado a isto, cada ano hai unha convocatoria e concesión do premio provincial á mellor iniciativa empresarial, que este ano tivo como novidade a concesión de sendos accésits aos segundos clasificados de cada categoría (mellor nova iniciativa empresarial, mellor iniciativa empresarial consolidada e mellor asociación empresarial), onde os primeiros se repartiron un premio de 75.000 euros.