A Deputación lidera as axudas ao deporte base na provincia da Coruña

A. S. Rodríguez A CORUÑA / LA VOZ

A CORUÑA

atr

No 2023 investirá máis de 5,5 millóns de euros a través de diversos proxectos

13 dic 2022 . Actualizado a las 12:52 h.

O deporte e a Deputación non só comparten un parecido léxico. A institución provincial ten un área específica dende a que, dun xeito poliédrico, desenvolve unha cobertura total na parcela deportiva en toda a provincia, ben a través de bolsas para as grandes promesas, coa organización de eventos multitudinarios, ou cunha clara aposta polo deporte base, un dos piares para o ente provincial xa que inclúe unha faceta social moi importante en idades temperás.

Para o exercicio do 2023, o orzamento provincial reserva algo máis de 5,5 millóns de euros na área de deportes, que dirixe a deputada Cristina Capelán. Hai partidas moi voluminosas dende o punto de vista orzamentario, pero tamén hai outras máis modestas que son igual ou máis importantes polo seu valor de xerme que dan un pulo crucial para os deportistas. É o caso das bolsas de axuda para profesionais ou principiantes que destacan en disciplinas moi diversas. No vindeiro exercicio, a Deputación da Coruña repartirá 160.000 euros entre 45 deportistas, que recibirán así unha bolsa de 3.500 euros cada un. Figuras con medalla olímpica como o piragüista Carlos Arévalo ou a saltadora Ana Peleteiro son dous dos moitos casos brillantes que recibiron (e reciben) a axuda provincial nos duros comezos.

Se as bolsas son a nivel individual, a Deputación tamén axuda a clubs e entidades sen ánimo de lucro para os seus proxectos de promoción e fomento do deporte. O investimento neste apartado é de 3.375.000 euros. Neste ano que está a piques de rematar, 624 entidades recibiron a súa correspondente axuda, 64 máis que o ano anterior.

Por outra banda, a entidade provincial que preside Valentín González Formoso está envorcada na promoción de deportes náuticos, campamentos de verán ou deportes de inverno, tres programas nos que acoden unha media anual algo superior a 1.300 mozos. Tamén organiza a copa de fútbol alevín con 360 nenos, traíñas (200 persoas, ademais de patrocinar unha das probas do calendario galego absoluto), carreiras populares en 30 municipios, e tamén apoia os grandes referentes deportivos da provincia para os seus proxectos de deporte base como son o Deportivo, o Racing de Ferrol, o Obradoiro e o Básket Coruña. Tamén está detrás da celebración de probas ciclistas modestas ou outras apoiadas pola Unión Ciclista Internacional (UCI) como o Gran Fondo Ézaro, a dura subida a este enclave paisaxístico da Costa da Morte. A maiores, a área de deportes, un plan social de defensa persoal para mulleres, con máis de 400 participantes.

atr

Por último, os orzamentos teñen unha importante partida dun millón de euros para axudar aos concellos da provincia a contratar técnicos deportivos que guíen as actividades en cada municipio. Así, no actual exercicio a Deputación puxo ao servizo dos concellos 74 especialistas en deportes.

«Do fomento do deporte de base á organización de grandes eventos deportivos, este organismo está presente en todos os ámbitos do deporte na provincia», sinala a deputada responsable desta área, Cristina Capelán, que destaca que as axudas provinciais «contribúen a manter a actividade e a mellorar as infraestruturas de máis de 600 clubs en competicións de todas as disciplinas e categorías co obxectivo de situar aos equipos coruñeses á vangarda do deporte galego».

Capelán subliña a elevada participación coa que contan as actividades da Deputación, como os campionatos de fútbol 8 e balonmán celebrados recentemente en Santiago, con máis de 800 rapaces e rapazas; o circuíto de carreiras populares, que cada ano congrega a miles de corredores en máis de 30 carreiras, ou os 600 nenos que cada ano aprenden a esquiar na Campaña da neve da Administración provincial.

Orzamento 2023: 5.541.550 €. Ten un leve incremento con respecto a este ano.

Subvencións a clubes: 3.375.000 €. No actual exercicio beneficiáronse 624 entidades, 64 máis que no 2021.

Contratación de técnicos: 1.000.000 €. Grazas a esta partida, 74 concellos dispoñen dun técnico especialista en deportes.

Fomento do deporte: 600.000 €. Inclúe a inmersión de rapaces en disciplinas náuticas, de inverno ou campamentos.

Bolsas a deportistas: 160.000 € entre os 45 mellores da provincia.

ANGEL MANSO

Carlos Arévalo: «Las ayudas provinciales favorecen que no haya desigualdad en el deporte»

Carlos Arévalo (Betanzos, 1993) es uno de los incondicionales del equipo nacional de piragüismo después de sus laureadas conquistas a nivel internacional. En esta charla recuerda la importancia de las ayudas aportadas desde la Diputación para lanzar su carrera profesional.

—¿Aún es becado de la Diputación?

—Tengo 29 años, aún estoy dentro. Ya ni recuerdo en qué año empecé a recibir las ayudas de la Diputación, fueron muchas.

—¿Eran cantidades simbólicas o que realmente le ayudaron?

—Era una ayuda muy importante, agradecemos todo lo que se nos puede dar para mejorar nuestro rendimiento, financiar muchos desplazamientos, muchas cosas que son importantes para el día a día deportivo y sobre todo para llegar bien a las competiciones. No es poco dinero, es una cantidad que está bien. Las preocupaciones económicas no deben ser el problema de un deportista.

—¿Sabe de compañeros que hoy no estarían en lo más alto si en sus comienzos no hubieran contado con estas ayudas provinciales?

—Por supuesto. El deportes es caro. En el mío, conseguir una piragua es un desembolso bastante grande. En otros deportes, una equipación, unos esquíes, ir a las competiciones... es un desembolso. Y hay familias en las que los padres no se lo pueden permitir y esto es una ayuda muy importante. Favorece que no haya una desigualdad en el deporte y que todas las personas puedan estar arriba.

—¿Diría que la Diputación es una Administración que se compromete con el deporte base?

—Sí. Llevo muchos años trabajando con ellos. Siempre se han preocupado por mí y por mi deporte, pendientes de lo que me hiciese falta, siempre llamando, siempre ayudando, es algo que un deportista valora mucho cuando llega a lo más alto. Cuando consigues una medalla también te acuerdas, no solo de las personas, sino también de las instituciones que te ayudaron a conseguir los objetivos, entre ellas, la Diputación, por supuesto.

—¿Para qué se está entrenando actualmente?

—Estoy en plena temporada clasificatoria para los Juegos Olímpicos, acabamos de proclamarnos campeones del mundo y estamos totalmente enfocados en los juegos de París, no hay que desviarse mucho más del camino, queremos la clasificación.

—¿Sigue en contacto con su club de origen?

—Sí, cada vez que voy a Betanzos alucino, es impresionante, hay un montón de niños trabajando muy bien. Es una labor deportiva y social muy importante.