Mercedes Peón: «O que máis me gusta non é cantar, é o que acontece entre todas as artistas no escenario»

Carla Varela / A. A. A CORUÑA

A CORUÑA

CESAR QUIAN

A cantante coruñesa actuará este sábado as 23.30 horas no anfiteatro de Santa Margarida

24 ago 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Ingrávida. Este é o título da última xira musical de Mercedes Peón (A Coruña, 1967) á que denomina «festa musical», e que este sábado as 23.30 horas poderá desfrutarse no anfiteatro de Santa Margarita. Esta proposta é especial, a cantante puido relacionarse con «solistas marabillosas que toman a súa música como propia», e iso converte o espectáculo en algo moi bonito, según a artista.

Para ela non hai ningunha canción que sexa máis importante que outra, «son unha egocéntrica e me gusta todo o que fago». Do mesmo xeito que non pode ter un disco favorito, «gústame dende o primeiro ata o último». Asegura que se non estivera convencida xa non se publicarían. O momento máis emocionante de toda a actuación non é cando ela canta, é cando lles toca o turno as súas compañeiras. A forma na que se mergullan na música, a comunicación, a harmonía e a enerxía que se crea entre todas «é o mellor do concerto». Mercedes funciona como nexo de unión entre todas as mulleres que a acompañan, e, se tivera que elixir a súa parte favorita da actuación, sería o momento no que canta Icía. «O que máis me gusta non é cantar, é o que acontece entre todas as artistas no escenario», afirma ela.

Mercedes defínese a si mesma como unha egocéntrica no ámbito musical, ademáis de non entrar en competición consigo mesma. Asegura que o propio nome da proposta que van interpretar en Santa Margarida, Ingrávida, é que «acontece todo no momento». A artista busca que neste tipo de linguaxes sempre esté a súa figura presente.

Despois de máis de vinte anos de traxectoria, Mercedes non sinte que sexa unha das grandes voces dentro de panorama musical galego. Di estar agradecida pola xente que pensa así, pero non pode deixar de lado as súas compañeiras. «En escea acompáñanme unha serie de solistas que teñen unhas voces impresionantes e xa non sei se merezo esa mención», pensa ela.

Que as súas actuacións estén repletas de maxia é grazas, tamén, ao público que acude a elas. Como coruñesa, Mercedes asegura que a xente desta cidade é moi festeira e moi calurosa nos concertos, «os coruñeses somos xente de rúa». Defíneos, ademais, como un público poliédrico que o que quere é moi sinxelo, festa. As súas cancións poden causar sensacións poliédricas porque «pode animarche moito o corpo aínda que o que a canción intenta transmitir é unha mensaxe feminista, queer ou de importancia social», asegura. A súa música ten moito que ver con este tipo de sensacións.

A cantante recorda os seus primeiros anos de traxectoria: Naqueles tempos, «nun primeiro momento ía actuar na praza de María Pita pero ao final o concerto trasladouse ao Castrillón». O cambio na programación foi unha sorpresa para a artista. Ela estaba encantada porque era un barrio que estaba moi preto do instituto no que estudou, IES Monelos.

Con grupos como as Tanxugueiras, que reivindican a tradición musical galega, a industria musical da comunidadeparece que comeza a amedrentar. Pero non é o único bum dentro da historia musical desta comunidade. Mercedes Peón os recorda todos, «porque cando eu empecei neste sector, a música galega pasaba por un mal momento e logo todo comezou a mellorar». Houbo moitas etapas, e a cantante defende a idea de que «a música galega está nun contexto de non país». Un contexto no que a xente nova non se apropia do que aconteceu no pasado. «Non hai memoria, non podes mergullarte na túa cultura e na construcción da mesma». Ten claro, tamén, que a xuventude non vai saber quen é ela.