—Como foi o proceso?
—No momento no que o Concello ponse en contacto comigo causoume unha enorme alegría porque é o único recinto urbano desas características no mundo. Fora completamente abandonada durante décadas polas distintas corporacións, e máis que rehabilitala, o que querían era reinaugurala e propuxen que se ampliasen os debuxos para homenaxear a outros humoristas. Para satisfacción miña dixéronme que adiante, pero sempre quedarán grandes profesionais sen homenaxear. Había ausencias que se facían notar e estou moi contento de incorporalas.
—Quen propuxo as persoas que se incorporan?
—Ninguén me suxeriu nada, unicamente o Concello tiña interese en que estivese Pedro Brandariz, que foi terrible que morrera tan novo, e xa pensaba poñelo. Desde que deseñei a praza no 92 foi aparecendo xente como Martes y Trece, Buenafuente ou Piedrahíta e xa había ausencias inxustificadas, pero non pola miña culpa. Por exemplo, non estaba Gila. Eu quixera poñelo, pero non puidera contactar con el para falar daquela e me gustaba contar coa súa asistencia. Deixeino para máis adiante e tardei bastante. Todos os que están merecen estar, o triste é que hai outros que o merecen, pero non teño espazo.
—Dentro da vinculación co humor hai bastante variedade.
—O humor é o mesmo desde o cine, o teatro, os libros ou o monólogo. Un escritor ten o mesmo valor que un debuxante ou un actor, afortunadamente o humor vaise renovando a través das novas figuras que van aparecendo. Piedrahíta ou Buenafuente son figuras internacionais dentro do mundo do espectáculo equiparables a calquera grandísimo creador doutros países. Tamén aproveitei para homenaxear a un dos grandes do humor que é pouco coñecido en España, Alejandro Dolina. É arxentino e leva moitísimos anos facendo diariamente un programa de radio desde Buenos Aires que ten unha duración longa, dúas ou tres horas, pero todo é unha improvisación, é un caso extraordinario.
—Cal foi o debuxo que causoulle máis problemas?
—O único que me causa problemas é o de Luis Piedrahíta, que sendo o máis amigo, non me acaba de convencer. Díxenlle ao escultor que vaia traballando en todas e a deixe para o final, por se a consigo mellorar.
—Luis viu o debuxo?
—Non o sei, cando veu Dolina fixen un artigo que se titulaba, Dolina, Piedrahíta e Wenceslao. De aí saco a caricatura de Dolina e Piedrahíta e parecíame que estaba ben, pero agora non acabo de vela. Isto da caricatura é un misterio, con Xesús Alonso Montero tardei anos en facer unha perfecta. Iso me sucede con algún tipo que é un gran amigo, que non son capaz de encontrar a chave para a súa expresión perfecta.
—Se tivera espazo para meter a unha persoa máis, quen sería?
—Non podería, tería que dicir seis ou sete. O proceso de selección é durísimo, como escoller a alguén para darlle un premio.
«Todavía no me lo creo, me parece que es una broma que me hacen»
Luis Piedrahíta es uno de los referentes del humor nacional de los últimos años y próximamente tendrá un reconocimiento a su extensa trayectoria en su propia ciudad. «Todavía no me lo creo, me parece que es una broma que me hacen y que realmente se está confabulando y que luego no se hará. No me creo que mi cuerpecillo escuálido vaya a estar ilustrado además por Siro López, no hay en Galicia y en España otro igual», admite el humorista, quien reconoce que el dibujante fue «una gran ayuda en el EMHU (Encuentro Mundial de Humorismo)». Sobre si realizó alguna indicación al autor sobre su dibujo, asegura que es «lo último que se me ocurriría».
El humorista se muestra incrédulo ante el hecho de pasar a formar parte de la plaza del Humor, un espacio «en el que están todos mis referentes, la gente a la que he admirado, y sobre todo con la que he reído, como Cunqueiro, Camba, Wenceslao... No me lo creo». «Me hace mucha ilusión», añade.
De hecho, uno de los aspectos a los que da más valor es al lugar que acogerá su figura en los próximos meses. «La plaza es preciosa, había estado descuidada y es fantástico que se le haga una restauración para poner en valor algo muy importante. A Coruña es la única ciudad de Europa con una plaza dedicada al humor y eso la convierte en capital del humor. Es un homenaje a esta forma de ver la vida distanciándose de los problemas», destaca un emocionado Luis Piedrahíta.