Galaxia pecha as edicións sobre Delgado Gurriarán cunha antoloxía poética

La Voz OURENSE / LA VOZ

A CORUÑA

Débora Álvarez preparou a antoloxía xunto con Margarida Pizcueta
Débora Álvarez preparou a antoloxía xunto con Margarida Pizcueta AGOSTIÑO IGLESIAS

A obra presentarase o próximo domingo en Vilamartín de Valdeorras

24 mar 2022 . Actualizado a las 15:32 h.

A Editorial Galaxia suma aos proxectos sobre Florencio Delgado Gurriarán unha nova obra, o título que segundo o propio selo pon o ramo ás súas publicacións sobre o poeta ao que se lle dedican este ano as Letras Galegas. O libro Antoloxía poética chega dende a cerna mesmo do mundo de Gurriarán, xa que o traballo vén da man de Débora Álvarez Moldes, a coordinadora da plataforma As Letras de Florencio, e Margarida Pizcueta Barreiro, concelleira de cultura do Barco de Valdeorras. 

O proxecto editorial naceu da necesidade «de dar a coñecer un feixe de poemas, quizais os menos coñecidos, e non por iso menos importantes do poeta de Córgomo». A Antoloxía poética de Álvarez e Pizcueta ofrece unha mostra do máis significativo da obra de Florencio Delgado Gurriarán, de forma cronolóxica e a partir dos seus libros e tamén de composicións dispersas: dende os cánticos iniciais de Valdeorras aos textos do exilio. 

A obra presentarase este domingo en Vilamartín de Valdeorras. Será ás 12.30 horas, no centro Santa Lucía.