Isabel Faraldo: «O goberno de Inés Rey ten que facer un gran esforzo para chegar a acordos»

Xosé Vázquez Gago
X.G. A CORUÑA

A CORUÑA

ANGEL MANSO

A concelleira de Podemos A Coruña advirte á alcaldesa que non deixe unha «pegada triste» no porto, a intermodal ou o Novo Chuac

16 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Isabel Faraldo (A Coruña, 1966) entrou en María Pita hai seis meses como concelleira non adscrita de Podemos. 

-Balance do goberno local?

-É un goberno de luces e sombras. As luces son que probablemente teña que acometer nos próximos anos as tres obras máis importantes para o futuro da cidade: o porto, a intermodal e o Novo Chuac. Vai ter moitísima responsabilidade e a posibilidade de deixar unha boa pegada, a transformación da cidade; ou unha pegada triste e que esas obras teñan un fin especulativa que ningún de nós quere.

-Unha prioridade ata o 2023?

-O goberno tense que fixar moitísimo máis nos barrios. Os barrios séntense abandonados e afastados das políticas do Concello, que se están reconcentrando no centro. Pero, senón son corazón, son corpo da cidade e ten que haber unha porcentaxe maior de inversión e proxectos.

Que a xente teña claro que Podemos se presentará no 2023 e se presentará como partido político.

-Rey quere negociar as contas do 2022. Que fará Podemos?

-Cando entramos dixemos que seríamos facilitadores de políticas progresistas. Seguimos nesa liña e o orzamento é unha delas. O goberno de Inés Rey ten que facer un gran esforzo para chegar a acordos e máis vendo o que pasou este ano. Ten que facer ese esforzo e pode contar con nós.

-Seis meses e non ten despacho propio no Concello, que ocorre?

-Nós sabiamos que ser concelleira non adscrita tería peculiaridades, pero non as que está tendo. Os concelleiros non adscritos teñen os mesmos dereitos que o resto, e penso que se están cercenando. Hai unha certa deixadez para resolvelo, e é unha magoa porque os enfrontamentos políticos non se resolven cercenando os dereitos de ninguén.

-Podemos presentará unha candidatura no 2023?

-Que a xente teña claro que Podemos se presentará no 2023 e se presentará como partido político. Xa estamos traballando no proxecto político e unha parte estánolo dando a propia cidade dende que chegamos ao Concello.