A Coruña convida a xogar a transformar os versos de Xela Arias

la voz A CORUÑA

A CORUÑA

Retrato de Xela Arias
Retrato de Xela Arias Xulio Gil

A proposta forma parta da programación do concello para fextexar as Letras Galegas

17 may 2021 . Actualizado a las 13:24 h.

O Concello quere que a cidadanía goce este luns da festa das Letras Galegas e da obra de Xela Arias, cunha campaña coa que quere render homenaxe a unha das voces máis vangardistas da poesía galega actual con actividades que inclúen recitais, bombas de acción poética nos barrios ou mostras bibliográficas na rede de bibliotecas municipais Desordénate coas letras é o nome co que festexamos este 2021 o Día das Letras Galegas e a Xela Arias. Deste xeito, a través de bombas de acción poética o elaborando collages físicos o virtuais, con videopoemas con textos, o Concello convida a cidadanía a transformar os versos da autora para, desordenando os termos, crear novos poemas experimentais a través dos cancelos: #DesordenateCoasLetras, #LetrasGalegas e #XelaArias2021.

A proposta da rede de bibliotecas ven acompañada dun Escape Room Virtual e dunha mostra bibliográfica sobre a homenaxeada, á que se suma unha escolma de libros de poesía galega en feminino e un recordo aos homenaxeados e homenaxeadas en anos anteriores. Ademais, este martes terá lugar o encontro virtual Libro Vivinte con Marga do Val, escritora, tradutora e amiga persoal de Xela Arias e o vinderiro 25 de maio terá lugar un Encontros transfronterizo Galicia-Portugal, unha xuntanza virtual de escritoras e escritores galegos e portugueses. Pola súa banda, o Servizo de Normalización Lingüística organiza Por Xela, un espectáculo en formato dixital de Revenidas S.C., con catro poetas mais o grupo musical A Banda da Loba, dentro do programa AgoraSón.

Ademais, o vestíbulo do Ágora acolleu a semana pasada unha exposición de 12 paneis titulada Aquela nena de Sarria, na que reflicte o seu vencello co rural e co noso idioma, e o empeño en que se recoñecese Xela como o seu nome real. Complétase a mostra con poemas de compañeiras poetas galegas que seguen os camiños que Xela trazou. Esta semana a exposición móstrarase na biblioteca do dito Centro Ágora. A programación familiar virtual completarase con tres novos vídeos para o programa Apego, un debuxo guiado do ilustrador Leandro Lamas dirixido ao público infantil dentro do programa apego, os espectáculos Armadanzas e Arre ru, así como cun vídeo titorial realizado polo propio servizo sobre como facer un minilibro sobre a poeta e contando a historia de como a nena como a nena Xela chegou a poeta e, por último, un concurso a través do Facebook de Normalización sobre o Día das Letras Galegas #vivirasnosasletras.