A Deputación da Coruña participa con 300.000 euros no financiamento do Bono Turístico

la voz A CORUÑA

A CORUÑA

O vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira, destaca a necesidade de contribuír á recuperación do sector sumando forzas de todas as administracións

16 may 2021 . Actualizado a las 15:56 h.

A Deputación da Coruña achegou 300.000 euros ao programa de Bono Turístico que xestiona a Axencia Turismo de Galicia co obxectivo de reactivar o sector da hostalaría e restauración. O vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira, destaca que «a colaboración da Deputación supón unha importante achega nun programa pensado para promover o consumo no sector e contribuír a superar a crise».

Os 300.000 euros cos que a Deputación da Coruña participa no programa de Bono Turístico supón o 31,43 % do gasto das persoas beneficiarias na provincia da Coruña. Neste sentido, xunto coa achega da Deputación da Coruña o orzamento do programa ascende a 2.300.000 euros que se invisten nun programa deseñado para estimular a demanda turística interna. «Neste momento todo indica que a recuperación do sector virá en boa medida do turismo de proximidade e, precisamente por iso, é necesario que as institucións traballemos conxuntamente para promocionar o consumo tanto en hoteis como restaurantes», explica Regueira.

O bono vincúlase á adquisición de servizos turísticos nos establecementos do programa como unha tarxeta de prepagamento dun único uso. «A grande demanda que supuxo deixa tamén á vista que son moitas as persoas que se animan a coñecer o territorio e ser turistas na súa propia provincia», resalta Regueira que anima, despois da demanda do programa, a visitar os distintos xeodestinos da Coruña. A iniciativa súmase ao apoio que a Deputación da Coruña se está a realizar ao sector turístico a través Pel Reactiva cun orzamento de nove millóns de euros para apoiar a hostalaría, a hospedaxe e as axencias de viaxe.