A RAG pide que a biblioteca de Pardo Bazán sexa BIC

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

A CORUÑA

MARCOS MIGUEZ

Considera que só deste xeito pode garantirse a súa axeitada protección

10 nov 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A Real Academia Galega (RAG) formalizou a semana pasada ante a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta a solicitude para que a biblioteca de Emilia Pardo Bazán sexa declarada ben de interese cultural (BIC), xa que considera que só deste xeito pode garantirse a súa axeitada protección. A petición presentouse unha vez realizada a revisión e a catalogación dos libros da escritora coruñesa que aínda fican nas torres de Meirás, un labor que foi posible grazas ás xestións da RAG, que custodia preto de 8.000 títulos da autora. A protección deste patrimonio conta co apoio da Xunta, cuxo presidente, Alberto Núñez Feijoo, anunciou a inminente tramitación do BIC.