A Coruña lidera un listado das provincias con máis areais de España

Tamén se sitúa como unha das que máis espazo ten para os bañistas


A coruña / la voz

O verán do 2020 será recordado como o da distancia social e das máscaras. Inmersos en plena tempada estival, a xente opta por desprazarse ata espazos máis abertos fronte a outros que estén máis limitados para cumprir os catro metros de distancia establecidos entre persoas nos areais.

Con esta premisa, a provincia da Coruña atópase nunha situación privilexiada en comparación con outras zonas do país. Un informe elaborado por Improving Metrics cos datos da base de praias do ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico revela que é a que máis areais ten de toda España: un total de 411. Isto supón un 11,6 % do total das provincias españolas. Ademais, con preto de 7.200 kilómetros cadrados de superficie, o litoral coruñés é o cuarto no país en canto a espazo, só superado por Tarragona, Cádiz e Huelva.

«Non son praias masificadas e temos moita superficie, isto permite que as persoas que veñen poidan gardar as distancias como indican as autoridades sanitarias», explica o concelleiro de praias en Carballo, Miguel Vales. Neste caso figura no estudo como o terceiro municipio galego con maior espazo nos seus areais, despois de O Grove (Pontevedra) e Barreiros (Lugo). «Non son areais urbanos, si que hai núcleos de poboación no caso de Razo pero non chegan a ser importantes. Aínda que teñan servizos non chegan a ter un uso intensivo como pode ocorrer nunha vila con praia», añade Vales. Carnota, Ortigueira, Ferrol, Ponteceso e Valdoviño tamén figuran entre as dez primeiras localidades con maior espazo en Galicia.

Non obstante, ter maior superficie non implica que se poidan producir aglomeracións. Este é o caso de Carnota, que conta coa que é a praia máis longa da comunidade. Un anuncio promocional do lugar elaborado pola Xunta, o auxe do turismo rural a causa do covid-19 e a presenza de rostros coñecidos como o cómico Touriñán, a presentadora Alba Lago e algúns xogadores do Deportivo contribuíron a aupar este areal.

Neste sentido, o control do aforo é un dos grandes retos que se atopan os que teñen grandes áreas. «Temos o inconvinte de que hai moitos accesos e o seu control é complexo. Hai un control en canto os aparcamentos e se organizan dunha forma que sexa do máis ordeada posible», sinala Vales.

A calidade da auga, os servizos de limpeza e de aseos, as liñas de autobús, se teñen ou non bandeira azul, dispor de zonas infantís ou de actividades deportivas coma o surf son algúns dos factores que recolle o estudo de Improving Metrics e que inciden no alto ou baixo grao de ocupación polos bañistas. Resaltan que canto máis illadas estén da urbanización, que estén rodeadas de vexetación, formen parte de espazos protexidos ou permitan o nudismo incidirá en que sexan espazos menos masificados.

Mugardos, Paderne e Narón destacan por ter baixa ocupación no 100 % das súas praias

O informe tamén incide noutro aspecto positivo da provincia: 20 municipios coruñeses teñen baixa ocupación de bañistas en máis da metade dos seus areais. Polo tanto, das 411 praias que hai, 228 estarían menos masificadas.

Mugardos, Narón e Paderne destacan neste apartado por ter de baixa ocupación o 100 % dos seus areais.

O indicador de media creado para ver cales son os espazos máis libres de España tamén resalta as localidades de Cabana de Bergantiños (87, 5 %), Fene (75 %), Laxe (75 %), Muxía (75 %), Muros (74,1 %), Malpica de Bergantiños (69,2 %), Boiro (68 %) ou Camariñas, Cedeira, Fisterra e Outes (66,7 % respectivamente).

Malia todo, a maior parte da superficie do litoral, preto de tres kilometros cadrados, corresponde as 84 praias consideradas de alta ocupación. Os 99 areais restantes, que representan os de grao medio de ocupación, ocupan 2,1 kilómetros cadrados.

Por outra banda, se se ten en conta as plazas hoteleiras por superficie de areal, A Coruña volve a liderar a nivel nacional cun ratio de superficie de praias/praza duns 269 metros cadrados por aloxamento individual. Huelva (255), Lugo (215), Melilla (209) e Bizkaia (191) conforman os cinco primeiros postos do país. Hai que incidir que o informe emprega datos dos hoteis do verán de 2019, que poden diferir na actualidade a causa da crise sanitaria do covid-19.

Augusto Pérez, xeógrafo: «Todas as praias da Coruña perderon extensión desde os anos 50»

a. g. ch

O catedrático da USC aborda a situación do litoral coruñés

A crise sanitaria fixo poñer o foco no aforo de persoas nos areais, pero Augusto Pérez Alberti, catedrático da Universidade de Santiago, comenta outro problema que teñen as praias da provincia.

-Que características ten o litoral coruñés?

-Na costa coruñesa pódense marcar dous amplos sectores: o norte de Fisterra e o sur de Fisterra. As praias do norte son máis rochosas e menos recortadas. En cambio ao sur, vese que temos a ría de Muros e a de Arousa que son as máis importantes. Iso tamén fai que a distribución dos areais e a súa extensión sexan diferentes. Son moito máis pequenas na costa norte e máis extensas na zona sur, onde vemos os grandes areais: Carnota, Baldaio, Corrubedo. En cambio na costa norte, salvo Ortigueira, Ponzos ou Valdoviño non hai grandes areais.

Seguir leyendo

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de A Coruña

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

A Coruña lidera un listado das provincias con máis areais de España