Banda Xangai e Rastreros celebran os 25 anos do Bravú

A CORUÑA

MARTINA MISER

Comienza en la sala Mardi Gras el programa conmemorativo que el día 21 tendrá continuación con un concierto de los Diplomáticos de Monte Alto

06 dic 2019 . Actualizado a las 17:23 h.

Hoxe, venres 6 • 22.00 horas • Entradas a 10 euros • Hai 25 anos naceu un fenómeno cultural, musical e de identidade que baixo o nome de Bravú xuntaría aos distintos grupos que permanecían espallados por Galicia, alleos os uns aos outros, para facer forza nunha mesma dirección e sentar as bases dun movemento xeracional con acento galego. Os protagonistas daquel nacemento foron bandas como Skornabois, Impresentables, O caimán do río Tea, Os Bochechiñas, Papaqueixos, os Diplomáticos de Monte Alto e Rastreros.

Estes últimos pisan esta noite o escenario do Mardi Gras xunto á Banda Xangai, con Xurxo Souto ao fronte, para conmemorar este aniversario que terá continuación o sábado 21 cun concerto dos Diplomáticos xogando na casa.