Xosé A. Touriñán: «Aos Reis Magos lles pido que nos boten unha man co Dépor»

O cómico é o encargado de acender as luces do Nadal esta tarde en Marineda City


a coruña

Hoxe ás 20.00 horas terá lugar un espectáculo de humor e fantasía en Marineda City polo acendido das luces de Nadal do centro comercial, cometido que ten encargado o cómico Xosé A. Touriñán, que xa se estivo preparando para este momento clave.

-É vostede dos que se senten invadidos polo espírito do Nadal?

-Teño que selo porque teño dous pequechos, Antía e Andrés. Non che quero contar nada triste, pero a verdade é que para min non é unha época especialmente bonita por cousas que teñen pasado. Pero si que intento manter ese espírito fantástico polos pequechos. E sigo pasándoo moi ben vendo a ilusión que teñen ca chegada de Papá Noel e os Reis Magos. Disfruto moitísimo con eles.

-Que vai facer esta tarde en Marineda City?

-Serei o mestre de cerimonias e farei un monólogo onde tocarei distintos puntos do que é o Nadal e de por que somos punteiros na Coruña comparados con outras cidades de Galicia á hora de acender as luces.

-Ese papel punteiro non é para Vigo?

-Non, é que igual temos menos luces que acender porque necesitamos menos luces ca outros. Non sei, que tampouco quero meterme en leas.

-Xa ten ensaiado o de premer o botón das luces?

-Premer o botón ou baixar o machete, que non sei exactamente que sistema de activación teñen as luces de Marineda. Pero coido que temos tamén un botón ao lado para acenderlles a nora aos de Vigo, porque a corrente vailles desde aquí, pero eles non o saben.

-Non sei que lles parecerá todo isto aos vigueses...

-Pódense poñer como queiran, pero non teñen Ikea nin todas as tendas que temos no Marineda. E non vou entrar no tema do fútbol, que non estamos para andar con esas cousas agora mesmo, pero a nos o das nosas copas vainos valer para toda a vida. Aínda que agora mellor estar calados co tema.

-Ten pensado que lles vai pedir aos Reis Magos?

-Pois que nos boten unha man co Dépor. Non pido máis. E sobre todo tranquilidade e bo roio, que creo que é fundamental para saír desta situación. E despois para min pido tamén un pouco máis de tempo. Saúde si, pero sobre todo tempo para estar máis coa xente que quero ou, a lo menos, saber organizarme mellor.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de A Coruña

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Xosé A. Touriñán: «Aos Reis Magos lles pido que nos boten unha man co Dépor»