Budiño: «A miña primeira banda xa era rock»

Chega ao Playa Club o músico de Moaña, que renovou o seu son con «Fulgor», un paso adiante no que toma a voz cantante

Concierto de Budiño en la Quintana dentro de las Festas do Apóstolo
Fiestas del Apóstol
Concierto de Budiño en la Quintana dentro de las Festas do Apóstolo Fiestas del Apóstol

A Coruña

Venres,11 • Playa Club • 22.30 horas • 11/13 euros Empeza este venres a nova temporada de Los conciertos de Retroalimentación, o ciclo ligado ao blog musical de La Voz. Faino con Budiño, un artista que está vivindo un renacer artístico, achegándose ao pop e deixando a un lado a gaita. «Nos directos estou levando a gaita para tocar unha canción que lle teño moito cariño, O Pateado, do meu primeiro disco. A gaita forma parte de min, sería difícil colgala ou prescindir dela na miña vida», di.

 -Necesitaba renacer?

-Pasei dous preparándome para Fulgor. Puiden estudar cos produtores máis incribles a través de clases on line. Retomei a guitarra, o piano e as miñas primeiras clases de canto coa miña mestra Mónica de Nut. Supoño que con toda esta preparación a conciencia Fulgor soa distinto a todos os meus anteriores discos.

-Concíbeo como unha especie de viaxe musical?

-Fulgor viaxa por todas as terras nas que tiven a sorte de estar nestes últimos 20 anos. Imaxina cando podes empaparte de cidades nas que sabes que é moi difícil voltar, como Damasco, derruída pola guerra, e de outras como Cidade de México para a que escribín Frida.

-En directo preséntao cun formato de banda de rock. Está a sorprenderse a xente coa proposta?

-É curioso porque a miña primeira banda Fol de Niu, xa tiñamos unha formación de rock. Para min non é alleo porque dende moi neno compaxinaba a miña devoción pola música tradicional coas bandas internacionais do momento como Cream, Beatles ou Hendrix. Supoño que este novo Budiño está a sorprender por esta nova formación. Fulgor naceu e gravouse coa batería de Ton Risco, o baixo de Fran Sanz, as guitarras de Jairo Zavala, Luiz Caracol, Antonio Casado, Xoel López , ademais de todas as guitarras, teclados, pianos e electrónica que eu gravei. Quixen que a instrumentación do disco estivese exactamente igual nos directos para que tivese sentido.

  -O «single» «Santiago» é unha composición de Xoel López. Como xurdiu?

 -Eu admiro moito a Xoel dende fai anos. O coñecín a través do noso amigo común Juan de Dios, e dende ese momento quixemos colaborar nos nosos proxectos. A primeira vez que colaboramos foi no meu disco “Home”, cantou “Ollos de Sal”, unha letra de Antón Reixa que eu musiquei. A partir de aquí viñeron moitas colaboracións xuntos.Santiago sae do seu poemario Bailarás cometas bajo el mar. Foi a primeira canción de Fulgor. Un ano despois estabamos nos estudios Reno de Madrid gravando a súa colaboración e a do Cuarteto Quiroga para a canción. É un dos momentos máxicos de Fulgor.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de A Coruña

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Budiño: «A miña primeira banda xa era rock»