Tres xeracións de músicos cantan a Manuel María

La Voz

A CORUÑA

Ángel Manso

Miro Casabella, Uxía e Morime participan nunha nova edición de Lúas de outono

25 sep 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 20.30 horas • Entrada libre ata completar aforo • Chega esta tarde ao Teatro Rosalía unha nova edición de Lúas de outono, que conmemora os 15 anos do falecemento do poeta Manuel María. E nesta edición haberá un protagonista especial, a Nova Canción Galega, cuxo nacemento tivo lugar hai 50 anos e coa que Manuel María tivo profunda relación, xa que foi o presentador daquel concerto fundacional en decembro de 1968.

 Por iso, no Lúas de outono deste ano xúntanse tres xeracións distintas de músicos galegos, como son o veterano Miro Casabella -membro de Voces Ceibes e único dos músicos que hai 50 anos estaba alí que segue actualmente en activo-; Uxía, que pertence a xeración que colleu a testemuña dos pioneiros, e Molime, grupo que a pesar da súa recente creación recrea o espírito da Nova Canción Galega. E todo presentado por Xurxo Souto.

As entradas son de balde e pódense retirar na billeteira do teatro desde as catro da tarde.