Malala Ricoy: «Por primeira vez traemos un espectáculo de danza na rúa desde outro país»

LUIS BUSTO / A. A. A CORUÑA/ LA VOZ

A CORUÑA

Belisa Frangione

La actriz de Manicómicos advierte que «o público dos espectáculos de rúa é xeral, baséase en que cada persoa que pase poida atopar quedar nel»

14 ago 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A Asociación Cultural Manicómicos fundouse na Coruña no ano 2004 por un grupo de persoas que buscaban difundir a comedia e as artes escénicas.

-Cando empeza Manicómicos?

-Mañá, ás sete da tarde, será o primeiro espectáculo. Esa xornada será de tarde, o resto de días, o 16, 17 e 18, polas mañás e polas tardes

-Onde son os espectáculos?

-Estamos en distintos puntos da cidade. Comezamos o primeiro día no parque de Santa Margarida, imos estar ao seguinte nos xardíns de Méndez Núñez e no Obelisco, outro no Campo da Leña, e o derradeiro rematamos onde comezamos, no parque de Santa Margarita, no noso barrio.

-Cal é o voso público?

-O público dos espectáculos de rúa é xeral, baséase en que cada persoa que pase poida atopar o espectáculo e quedar nel. Pola tarde teñen un toque máis infantil e polas noites un público maioritariamente adulto. E despois hai público especializado que ven de fóra a ver Manicómicos, desde outras cidades.

-Cales son as estrelas?

-Non é un concurso. Temos varias novidades: por primeira vez traemos danza na rúa desde outro país, e hai espectáculos que veñen de fóra e triunfan a nivel internacional. Pero aquí o máis importante é o da nosa canteira, tanto as actuacións de Manicómicos como doutros grupos de Galicia.