«Temos un potencial a nivel de natureza único en España polo seu grao de conservación»

Mila Méndez Otero
M. Méndez A CORUÑA

A CORUÑA

marisa
Cedida

Marisa Cabanas defende o turismo máis pausado e é dona de A Miranda, en Cariño

06 ago 2019 . Actualizado a las 15:39 h.

Rexenta un hotel con vistas ao impoñente litoral de Cariño. Marisa Cabanas é unha defensora do slow travel ou, o que é o mesmo, viaxar intensamente.

-Que ten o norte que non teña o resto?

-Temos un potencia a nivel natureza que, penso, é dos únicos en España que garda un alto grao de conservación. As costas cada vez están máis masificadas. Aquí podes estar en praias no mes de agosto onde non tes que escoitar ao que está ao teu carón, só ao mar. Iso é único. Ademais, a nosa hospitalidade, e pesares de contar con menos recursos, é do que máis valoran os clientes.

-O nordés xoga malas pasadas?

-Todos os días se pode ir á praia, mesmo se chove. Ademais, temos praias vivas. Cheas de vexetación, algas, peixes. Parece mentira, pero cada vez isto é máis escaso noutros puntos do litoral.

-De onde son os seus clientes?

-Cada vez vén máis xente de fóra: suecos, belgas, suízos, e moitos británicos, sobre todo, logo das reportaxes en medios do Reino Unido coma The Guardian, onde nos citaron. Por outra banda, o turismo nacional, doutras partes de España, é moi importante para nós.

-E galegos?

-Comezan a vir das Rías Baixas fuxindo da aglomeración de xente e pola gastronomía, temos unha materia prima espectacular.

«Cada vez vén máis xente de fóra, suecos, belgas, e tamén británicos, tras saír en The Guardian»