Sesenta alumnos de vinte países, este verán en «Galego sen fronteiras»

L. Busto / c. a. A CORUÑA / LA VOZ

A CORUÑA

MARCOS MÍGUEZ

Os participantes foron recibidos polo presidente da Real Academia Galega e visitaron a casa de Pardo Bazán

04 jul 2019 . Actualizado a las 19:18 h.

Setenta alumnos de vinte nacionalidades, chegados desde África, América, Europa e Asia, participan na trixésima segunda edición deste proxecto da Real Academia Galega. A benvida de onte aos estudantes correu a cargo do presidente da Academia, Víctor Freixanes, que abriu, na sede da RAG da rúa Tabernas, os cursos de cultura e lingua para estranxeiros «Galego sen Fronteiras». «É unha honra para nós que nos visitedes aquí, na Academia Galega, porque estamos no que foi o domicilio de Emilia Pardo Bazán, unha das grandes escritoras galegas do século XIX e dos primeiros anos do século XX», destacou Freixanes.

A xornada inaugural comezou co discurso de Freixanes, no que explicou a historia de Galicia e da nosa lingua aos alumnos, continuando despois cunha visita á Casa Museo de Emilia Pardo Bazán e concluíndo cun percorrido pola torre de Hércules. O programa deste curso non só prima o aspecto académico, pois o obxectivo tamén é favorecer o diálogo intercultural e a aprendizaxe informal.