Concertos, literatura e teatro nas Letras Galegas

A cidade e a comarca enteira homenaxean a Fraguas con recitais e actuacións de todo tipo


A Coruña

Os festexos polo Día das Letras Galegas chegan ata todos os recunchos da comarca, cun programa de actividades que abrangue dende as actuacións musicais ata o teatro cómico, pasando, por suposto, por recitais e homenaxes á figura de Antonio Fraguas. 

María Pita | Lectura pública

O Concello da Coruña rende o seu particular tributo a Fraguas cunha lectura pública dende o balcón do pazo de María Pita, que terá lugar ás 11.00 horas. 

Sporting Club Casino | Cantigas e ballet

Na sede do Casino da rúa Real celebrarán dende as 20.00 horas un acto conmemorativo no que se lerán as cantigas de Antonio Fraguas e actuarán o Ballet Bainga e a coral do Casino. A entrada é libre e gratuíta.

Libraría Azeta | Xogos na Cubela

Na libraría da Cubela organizan unha xornada de xogos tradicionais dende as 11.00 horas. Todo acompañado por música galega. 

Bâbâ Bar | César e Brais Morán

Os músicos César e Brais Morán subirán ao escenario da sala situada na rúa Pérez Cepeda a distintos amigos e amigas nun espectáculo que mestura e música e poesía. 

Aspronaga | Concerto de Triskell

Aspronaga únese ás celebracións cun concerto que ofrecerá mañá o grupo folk Triskell ás 17.30 horas no Club Juvenil Finisterre (rúa Pérez Lugín, 10). 

Cambre | Susana Seivane

Tres días de celebración en Cambre. Hoxe a Asociación Cultural Barballocas representará no Centro Cultural do Graxal O estorniño Nino, ás 17.00 horas. E mañá comeza a festa ás 18.00 horas cun obradoiro de baile tradicional con Pablo Díaz e Olga Kirk no local social de Samosteiro. E ás 21.00 horas estará no escenario do campo da feira Susana Seivane, que ofrecerá un concerto polo seu 20.º aniversario na música no que participarán a súa familia, a banda de gaitas Invernía e o humorista David Perdomo. E o domingo, fin de festa cun concerto a cargo da asociación Sementeira no parque da Igrexa ás 13.00 e o espectáculo Papar sen cancelas ás 19.00 horas. 

Sada | Mofa e Befa

Sada leva máis dunha semana celebrando as Letras Galegas e onte contou cunha actuación en directo de Sés. Para hoxe teñen previsto un concerto da Banda Municipal na Casa da Cultura Pintor Lloréns ás 12.00 horas, e ás 21.00, nese mesmo lugar, Mofa e Befa presentarán o seu espectáculo teatral Cranios privilexiados. Con entrada gratuíta. 

BErgondo | Ofrenda floral e gaitas

En Bergondo realizarase unha ofrenda floral ás 12.00 horas que contará cunha actuación dos Gaiteiros de Bergondo.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de A Coruña

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Concertos, literatura e teatro nas Letras Galegas