Adeus a Esther Pita, a Pasionaria de Oleiros

Ángel García Seoane ALCALDE DE OLEIROS

A CORUÑA

MARCOS MÍGUEZ

O alcalde oleirense, Ángel García Seoane, adica unhas palabras á cofundadora de Alternativa dos Veciños, falecida o domingo ós 76 anos

25 feb 2019 . Actualizado a las 17:41 h.

Esther Pita foi un dos motores principais da Alternativa dos Veciños. Muller de base apegada ao pobo, honesta, comprometida e defensora das clases máis desfavorecidas. Respectada polo conxunto dos cidadáns, á marxe de credos e ideoloxías. 

A Esther gustáballe que a chamasen A Pasionaria de Oleiros, e nunca mellor dito. Emanaba paixón por todos os seus poros: paixón por servir a cidadanía, paixón polos marxinados, polos inmigrantes, polas persoas discapacitadas, polos nenos, polas persoas maiores... Esa paixón aplicouna ao longo da súa vida na Asociación de Veciños Santaia e no Concello, tanto como concelleira de Servizos Sociais como na Alcaldía. 

Esther era ante todo unha persoa humana, fiel e honrada, características que cada día escasean máis entre a clase política. Sempre será ben lembrada na mente dos bos e xenerosos. 

Sempre contigo amiga!