«O triángulo inscrito na circunferencia»: Fito literario vixente tras 37 anos

Destacan o impacto sobre a literatura galega da primeira incursión novelística de Víctor Freixanes, que volve nunha edición revisada


Santiago / la voz

O título ía ser O primeiro día da fin do mundo, pero a publicación por aquel entón de Vargas Llosa de La guerra del fin de mundo acabou convertendo a primeira incursión novelística de Víctor Freixanes en O triángulo inscrito na circunferencia. Así o relataba o propio autor durante a presentación na librería Cronopios de Santiago da edición revisada da obra, que chega 37 anos despois.

A novela de Freixanes foi cualificada como «fito literario» polo tamén escritor Daniel Asorey, quen definiu O triángulo como un «artefacto literario que petou na literatura galega de maneira contundente». Un aspecto no que tamén incidiu o director da editorial Galaxia, Francisco Castro, quen apuntou que sen esta obra «non se entendería a literatura galega contemporánea».

Pero se algo deixará claro esta nova edición «desta parábola do país», como a definiu o propio Víctor Freixanes, é a súa vixencia na actualidade. A profesora de literatura galega da USC Dolores Vilavedra salientou que hai frases de O triángulo inscrito na circunferencia publicadas en 1982 que «semellan escritas para hoxe; axiña te decatas que é a nosa historia», afirmou durante a presentación, que reuniu a numeroso público en Santiago. Tamén lembrou que no momento en que saíu publicada por primeira vez a obra «a crítica non sabía moi ben como definila: épica, histórica... Calquera etiqueta que se lle puxera era parcial e non ofrecía unha definición acaída». Para a profesora, a clave desta novela de Víctor Freixanes está na voz narrativa «absolutamente sedutora».

O escritor e presidente da Real Academia Galega agradeceu a Galaxia esta nova edición da novela. Un feito que permitirá, segundo afirmou Daniel Asorey, «unha ollada de novo» sobre unha obra «imprescindible». Antes, Francisco Castro animara a Freixanes a escribir novos libros.

Víctor F. Freixanes: «Escribir "O triángulo inscrito na circunferencia" non só foi un esforzo mental, senón tamén físico»

xesús fraga
Freixanes presenta unha versión revisada do seu debut novelístico, «O triángulo inscrito na circunferencia»
Freixanes presenta unha versión revisada do seu debut novelístico, «O triángulo inscrito na circunferencia»

O autor presenta este luns 18 unha edición revisada do seu debut novelístico en 1982, considerado un clásico contemporáneo da literatura galega

A primeira incursión novelística de Víctor F. Freixanes (Pontevedra, 1951), O triángulo inscrito na circunferencia (Galaxia), foi recibida en 1982 como unha narrativa renovadora que, non obstante, se alicerzaba sobre as mellores tradicións, literarias e culturais: os relatos de navegantes, as crónicas medievais, os episodios liberais ou a fabulación cunqueiriá. O daquela xornalista foi tamén logo editor e profesor, e hoxe é presidente da Real Academia Galega, pero, por riba de todo, segue a ser escritor. Como tal revisou unha nova edición de O triángulo, que este luns día 18 presenta en Santiago (Cronopios, 19.30 horas).

Seguir leyendo

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de A Coruña

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
5 votos
Comentarios

«O triángulo inscrito na circunferencia»: Fito literario vixente tras 37 anos