«Hai que defender os servizos públicos nun mundo de crecente desigualdade»


A Coruña / La Voz

Foi reitor da Universidade da Coruña durante catro e profesor nela durante 44, até que se xubilou o ano pasado. Foi catedrático de Física e Química e hoxe, como profesor emérito, incorpórase nas listas do BNG para poñerlle peche.

-Que supón ir pechando esas listas?

-É algo absolutamente simbólico.

-Como o convenceron?

-Non foi necesario moito para convencerme, para min foi un agasallo que me fixo a agrupación.

-Vaise implicar moito durante a campaña?

-Serás os primeiros da lista os que máis traballen, pero aí estarei coas mesmas ideas de sempre.

-Cales son esas ideas?

-Defender os servizos públicos nun mundo no que as desigualdades son cada vez maiores. Creo que a educación pode contribuír a reducir esas desigualdades. É moi importante para iso que se preserven os servizos públicos.

-Que aportará vostede á candidatura do BNG?

-Porei a disposición a miña experiencia e se a alguén lle pode ser útil, benvido sexa.

-Canto tempo leva militando no BNG?

-Levo no BNG desde antes da fundación do BNG. Desde os inicios manteño a mesma postura nacionalista, aínda que nunca participei na vida orgánica.

-Como ve o panorama político na Coruña?

-A situación semella relativamente complicada, parece que non se van dar maiorías absolutas, o que pode contribuír a facilitar desde o BNG un goberno progresista, de esquerdas e con trazos nacionalistas.

-Que aporta o seu partido?

-Honradez, a defensa dos servizos públicos, a loita contra a desigualdade e a capacidade de xestión.

-Que lle gustaría mellorar na Coruña?

-Estou circunscrito ao ámbito universitario e gustaríame incrementar a colaboración coa universidades e facilitar novos espazos e mellor mantemento en educación primaria e secundaria.

-Despois das eleccións, servirá de ponte entre o BNG e o ensino?

-Penso seguir colaborando nas miñas posibilidades.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de A Coruña

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
6 votos
Comentarios

«Hai que defender os servizos públicos nun mundo de crecente desigualdade»