Luz Pozo publica un novo poemario aos 96 anos

La Voz A CORUÑA

A CORUÑA

MARCOS MÍGUEZ

«Pazo de Tor» preséntase esta tarde en Portas Ártabras

07 feb 2019 . Actualizado a las 10:37 h.

A poesía non entende de idades. E da mesma maneira que una xovencísima Luz Pozo Garza (Ribadeo, 1922) publicaba en 1948 a súa primeira colección de poemas, Ánfora, setenta anos despois a musa continúa estando ao seu carón, e o demostra en Pazo de Tor, poemario editado por Alvarellos que presenta esta tarde en Portas Ártabras, ás 20.00 horas, acompañada por Víctor F. Freixanes, a profesora Carmen Blanco e o editor Henrique Alvarellos.

Nesta última obra, a poeta afonda nas raíces da súa familia, intimamente ligadas ao pazo que da nome ao libro, situado na parroquia monfortina de San Xoán de Tor. Volta a autora sobre os seus orixes, incluso ata a súa infancia, nuns poemas nos que a figura da súa nai conta cunha especial presenza en moitos deles.

 Esta tarde • 20.00 horas • Portas Ártabras • Entrada libre •