Novas olladas sobre María Victoria Moreno

La Voz

A CORUÑA

cedida

A RAG celebra hoxe e mañá un encontro dedicado á escritora homenaxeada este ano co Día das Letras Galegas

27 nov 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe e mañá • Dende as 16.30 horas • Entrada de balde previa inscrición • A Real Academia Galega celebra un encontro dedicado á escritora homenaxeada este ano co Día das Letras Galegas no que participarán un total de quince especialistas na vida e obra de María Victoria Moreno. A xornada de hoxe concluirá ás 20.00 horas cun recital de textos da autora.