ÚLTIMAS HORAS - BLACK DAYS -
Suscríbete 1 año con el 50% de descuento
Quiero la oferta

Baleiros urbanos versus dereitos

Estefanía Calo TRIBUNA

A CORUÑA

26 ago 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Coa crise aparece un escenario social relacionado coa incertidume que afecta especialmente ao dereito á vivenda e á cidade. Falamos do tan tristemente sonado «casas sen xente e xente sen casas», pero tamén das infraestruturas que soportan o estado de benestar: centros sociais e educativos, comerciais, industriais e de ocio que engrosan o listado de baleiros urbanos analizados polo curso.

Esta situación implica un desafío para as cidades á hora de mellorar a calidade de vida da poboación. Debemos buscar solucións dende diferentes ámbitos: económico, político, xurídico, ecolóxico e social entre outros, deixar de construír sen planificar correctamente e consolidar a cidade existente tendo en conta a todos os axentes implicados. A cidadanía debe poder formar parte das solucións e dun cambio de modelo para asegurar os dereitos dos que é beneficiaria e evitar así a especulación dos bens básicos.