Pepe Lareo: «Aquí vén moito turista aínda que só veña un día»

L. Silvoso

A CORUÑA

CESAR DELGADO

O propietario do Vega cre que o principal reclamo da cidade é gastronómico: a tortilla

10 ago 2018 . Actualizado a las 13:07 h.

«Iso é totalmente creíble», dice Xosé Lareo Santiso (Pepe), dono do restaurante Vega de Betanzos, cando lle contamos que este municipio é o número un en bares de toda a comarca coruñesa.

-Tamén lle digo que algúns abren en verano e logo chega o inverno e pechan as portas. Todos os anos pasa o mesmo.

-A qué atribúe tal abundancia de locais?

-Aquí vén moito turista, iso hai que recoñecelo. Aínda que so veña un día a visitarnos. A min tenme pasado, se vou por exemplo á Coruña pola tarde cos nenos, de atopar xente paseando polas rúas de viños que xa estivera ao mediodía comendo no meu restaurante. Os turistas que chegan á Coruña soen ir un día a Betanzos, a comer e a pasear.

-Será polos atractivos que ten a zona.

-Claro, pola gastronomía, a tortilla de Betanzos é o principal atractivo.

-Así que ao mellor non pernoctan, pero si comen en Betanzos.

-Iso é, non soen pernoctar aquí, pero tamén porque non hai moito sitio. Precisamente eu estou agora pendente de abrir un pequeniño. Se botan tres ou catro días na Coruña, un veñen polo menos aquí.

-Isto no verán. ¿E no inverno? ¿Tamén se traballa ben en Betanzos?

-No inverno tamén se traballa ben, si. Se un sábado ou un domingo está bo día, eu xa sei que vou ter xente. Á xente da Coruña gústalle escapar da cidade na fin de semana. «Por que non imos dar unha volta a Betanzos?» Despois xa te quedas a comer e tal. Estamos cerquiña, podes tomar uns viños e tes bastante onde elixir para comer algo.

-No seu local serven ata cocido no inverno.

-Levo doce anos recuperando esa tradición. E con repolo de Betanzos, eh. Pero so cando é a tempada. De outubro a decembro.

-¿Qué tipo de bar impera en Betanzos?

-O de picoteo. Non un restaurante serio ao uso, senón ese local informal onde podes entrar a picar algo. A tortilla sigue imperando, loxicamente.

-¿Cal é a rúa dos bares hoxe en día?

-A zona con máis concentración é a dos soportais e as calexas, quizais. Agora empeza a moverse un pouco o casco histórico. Ao mellor tarde, pero eu creo que o casco histórico vai rexurdir.

-Cando hai mais xente, no globo ou nos Caneiros?

-Con diferenza, no globo. Os Caneiros é un botellón. É unha mágoa, pero é así.