Música celta, roteiros literarios e lecturas, no día grande das letras

A CORUÑA

ANGEL MANSO

Multitud de actividades por toda a comarca no Día das Letras Galegas

17 may 2018 . Actualizado a las 11:22 h.

O carnix, unha trompeta celta de tres metros de lonxitude, rescatada hai poucos anos grazas a descubrimentos musicolóxicos, é levada polo solista a unha nova dimensión. Será o principal instrumento do concerto Os sons esquecidos que ofrece hoxe, ás 20.00 horas no Colón, o multiinstrumentisa Abraham Cupeiro. A actuación, con entradas a 8 euros, está programada pola Deputación. 

Pazo de María Pita

Para ás 12.00 horas está previsto que no balcón do pazo de María Pita empece a lectura pública de textos de María Victoria Moreno ou os que desexe a persoa lectora. 

Sala Gurugú

Manuel Lourenzo, Premio Nacional de Teatro, é o autor e protagonista do espectáculo O palco e as lúas que o colectivo independente Elsinor Teatro representa hoxe, ás 20.00 horas, na sala Gurugú. «O remate da función haberá unha pequena charla co autor, Manuel Lourenzo», indican desde a sala do no número 3 da rúa Agra do Orzán. 

Casino

Lois F. R. Vázquez será o mantedor do acto das letras no Casino, hoxe ás 20.00 horas. Tamén ser o encargado de facer a descrición de María Victoria Moreno. O grupo de teatro María Casares da entidade fará a lectura do conto Can branco can negro, actuará o ballet Bainga e rematará a celebración coa coral polifónica do Casino. 

Torre de Hércules

A Asociación de Escritores en Lingua Galega organiza un roteiro e obradoiro de escritura creativa que coordina Xurxo Souto e ten como lema A gran viaxe cara o espazo interior da torre de Hércules. O roteiro de hoxe, gratuíto, sairá ás 11.00 horas de San Amaro, diante do antigo cargadoiro de pedras. 

Librerías

O grupo Crecer Creando imparte hoxe, desde as 11.30 horas na librería Azeta, o taller Matematízate para escolares de máis de 6 anos. Tamén actuará o grupo Xebre, da asociación de veciños de Oza Gaiteira Os Castros.

Na librería Berbiriana, ás 12.30 horas actuará Félix Arias e na Fiandón (r/ San Roque, 11), ás 18.00 horas, haberá unha exhibición de canto e pandeireta.

Kiko Dasilva e os alumnos do Garaxe Hermético imparten, ás 17.00 horas, un obradoiro gratuíto de banda deseñada en Metrópolis Cómics (r/ Río de Monelos, 16). 

O Burgo

Ás 12.00 horas empeza na praza de Europa de O Burgo a feira de artesanía na que participan 50 artesáns con materiais que van do coiro a madeira. As 12.30 actuarán os grupos folclóricos Catalmibre e Andoradoira e haberá obradoiros infantís. 

Sada e Curtis

No auditorio municipal, ás 18.00 horas, presentarán os seus libros Vanesa Santiago, París Joel, Carlos Babío e Manuel Pérez, con música de Bea a da Estrela. Ás 20.00 horas Matrioska Teatro representará a obra Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos. A xornada rematará na praza Suárez Picallo coa actuación, ás 21.15 horas, do monologuista Quico Cadaval co seu espectáculo Os inocentes. Tamén Curtis conmemora esta xornada cunha ruta cabalar, que sairá ás 10.00 do campo da feira e varios actos festivos. 

Betanzos

A aula municipal de cultura acolle hoxe, as 18.00 horas, o espectáculo As aventuras de Gale, con entrada gratuíta ata completar a capacidade.