Marina Mayoral ingresa hoxe na Real Academia

La Voz

A CORUÑA

SANDRA ALONSO

02 dic 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

A escritora mindoniense Marina Mayoral lerá esta mañá, ás 12.00 horas, o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega como académica de honra, nun acto aberto ao público.

A nova académica reside en Madrid dende a súa xuventude, onde desenvolveu a súa carreira como escritora e profesora, aínda que sempre mantivo fortes lazos afectivos e culturais con Galicia. De feito, como investigadora, esta catedrática da Universidade Complutense de Madrid é autora dun centenar de traballos sobre diferentes autores, e entre eles destacan os dedicados a Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán, que a converten nunha autoridade no relativo a estas escritoras. Como escritora, é autora dunha ampla obra narrativa en galego e castelán que lle fixo gañar múltiples e diversos premios.

O encargado de darlle resposta en nome da Academia ao discurso de Mayoral será Xosé Luís Franco Grande, académico e amigo persoal da autora dende hai moito tempo.