Poesía e dramaturxia xúntanse na homenaxe da cidade a Manuel María

La Voz A CORUÑA | LA VOZ

A CORUÑA

cedida

18 sep 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Miércoles, 20 • 20.30 horas • Teatro Rosalía • Entrada libre • O teatro era, despois da poesía, o xénero literario que máis divertía a Manuel María, según compartiu a súa viúva, Saleta Goi, na presentación da homenaxe anual que lle rende a cidade na que viviu e morreu, apoiada pola Deputación da Coruña. Con esa feliz certeza a fundación dedicada ao poeta chairego organizou para esta novena edición do Lúas de Outono a representación, a cargo de Lucecús Teatro, de A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna, unha historia sobre un personaxe real que tivo unha enorme influencia en Manuel María, pois introduciuno na arte de versificar. Alberto Ansede subliñou, na presentación da homenaxe, as 36 pezas dramáticas do escritor de Outeiro de Rei, «que o convirten nun grande autor teatral que o grande público descubrirá»