«Hai varios colexios da cidade que teñen problemas estes días por falta de persoal»

B. c. P. A CORUÑA / LA VOZ

A CORUÑA

CESAR QUIAN

12 sep 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Emilio Veiga é o presidente da Asociación de Directores de Centros Públicos da Coruña e máximo responsable do San Francisco Xabier.

 -Como foi este comezo de curso?

-Desde os centros estaba xa todo organizado, polo que saíu máis ou menos como estaba prevista. Nós levamos semanas preparando o inicio do curso con xornadas de acollida coas familias, nas que fomos adiantando moitas cousas de interese para os pais.

-Cales son as principais reivindicacións dos centros coruñeses?

-Polo de agora, non mantivemos unha primeira xuntanza, pero si conversas informais. Hai varios colexios da cidade que teñen problemas nestes primeiros días por falta de persoal. Co tema das obras, este curso estamos satisfeitos do traballo do Concello e da Xunta durante o verán, cando non afectan os traballos aos nenos.

-Notaron variación no número de alumnos?

-Na Coruña penso que estamos moi completos neses termos.