«Trinta anos son moitos, e máis aínda na música folk»

La Voz

A CORUÑA

Jose Manuel Casal

26 ago 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

A Romaría de Santa Margarita pon fin de maneira oficial ás festas de María Pita. E a guinda, o colofón perfecto para este mes de festexos, ven da mano de Luar na Lubre, unha das poucas bandas que poden presumir de levar trinta anos no mundo do folk e mostrarse en plena forma creativa. Así o confirmou Bieito Romero en Radio Voz.

-O tango dicía que vinte anos non é nada, pero trinta...

-Trinta son moitos anos, sobre todo no mundo da música, e máis aínda nunha música como a nosa, o folk, que non é das que máis soan nin das que máis apoio teñen. Pero pensamos durar outros trinta anos máis, se é posible.

-Clausuran as festas na súa cidade. Isto é un honor, non?

-Claro, e hai tensión, porque tocar na casa é moita responsabilidade. Imos ver caras moi coñecidas entre o público, con amigos e familia. Pero poder compartir a nosa música coa nosa xente é algo marabilloso. E máis se é nun enclave como Santa Margarita.

-E despois de celebrar estes trinta anos, cal é o plan?

-Cando rematemos esta xira de aniversario, que será por decembro ou xaneiro, centrarémonos a traballar no seguinte disco, que está inspirado na comarca da Ribeira Sacra, de onde provén parte da miña familia. Estarán presentes as súas paisaxes, as súas xentes, como os afiadores...

-Haberá cancións en barallete?

-Pois si que haberá. Imos ser o primeiro grupo en cantar en barallete, entre outras cousas porque na miña casa, a través do meu pai, sempre se usaron termos desta xerga.