Coca-Cola aposta un ano máis polo talento galego

La Voz

A CORUÑA

Visita del secretario xeral de Política Lingüística por el concurso de Novos Talentos de Coca Cola
Visita del secretario xeral de Política Lingüística por el concurso de Novos Talentos de Coca Cola ANGEL MANSO

O concurso literario da compañía celebra o seu décimo aniversario

20 jul 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concurso Novos Talentos de Relato Curto celebrará o seu décimo ano de existencia na cidade contando un ano máis coa colaboración de Coca-Cola. Así anunciárono onte o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, a subdirectora xeral de Planificación e Dinamización lingüística, Elvira Casal, e a xefa do servizo do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Ruth Otero Vilar, durante a súa visita na fábrica coruñesa de Coca-Cola. O concurso, no que xa teñen participado máis de tres mil mozos galegos, leva nove anos celebrándose como mostra da aposta de Coca-Cola polo fomento do uso do galego. Impulsa ademais a creatividade entre os máis novos na realización de relatos curtos en lingua galega, traballos que os rapaces entregan na representación dos seus centros de estudo. Raquel Canabal foi a gañadora autonómica da edición anterior.