Afundación énchese de cadros, esculturas e Sargadelos

javier morás, c. a.

A CORUÑA

Alejandra del Río

A mostra pódese visitar ata o vindeiro 6 de agosto

28 jul 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

A exposición sobre Arte Galega, organizada polas galerías de arte Olives-Orrit, Artby’s e Buxo, ten lugar dende o pasado xoves 21 de xullo no primeiro soto da sede de Afundación, no Cantón Grande. Nunha mostra de case un centenar de pezas -con 80 pinturas e 10 esculturas-, destaca por riba de todo a variedade das mesmas e que, en palabras de Santiago Juega (portavoz de Buxo) «enxalzan a calidade da nosa arte». O número de autores e de títulos abarcan todos os estilos pictóricos, nunha mestura idílica na que se xuntan impresionismo con expresionismo, hiperrealismo e cubismo ou mesmo unha representación da praia das Catedrais na visión dun surrealismo daliniano. «Non resultou nada sinxelo conseguir ter nunha mesma sala obras deste calibre», afirmaba Juega.

A exposición, coa que tamén se pretende vender algunhas das obras, recolle autores como Abelenda, Tino Grandío, Lago Rivera, Laxeiro, Lugrís, Peteiro, Sucasas ou Quessada, e estará aberta ao público de maneira gratuíta ata o sábado 6 de agosto.