Cambre celebra o Día da Muller

A CORUÑA

Susana Seivane e a muller máis lonxeva participan hoxe nos actos

08 mar 2016 . Actualizado a las 08:01 h.

Hoxe, 8 de marzo ás 12 horas, o Concello de Cambre organiza un acto institucional polo Día Internacional da Muller no salón de plenos do Concello. Consolación Paz, unha veciña centenaria de Sigrás, e a artista internacional Susana Seivane serán as encargadas de ler un manifesto. O alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, presentará un acto no que se pretende poñer en valor o papel das mulleres na sociedade, defender os seus derechos, denunciar a violencia machista e loitar pola igualdade de xénero, según indicaron dende o goberno local.