Unha longa lista de galardoados que vai de Carlos Casares a Xosé Neira Vilas

La Voz

A CORUÑA

28 dic 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

O Premio Otero Pedrayo é un dos galardóns emblemáticos de Galicia. Naceu para honrar a memoria do patriarca da cultura galega e para recoñecer ás persoas ou institucións que se teñen distinguido no traballo cultural ou patrimonial e na defensa de Galicia. A convocatoria está avalada polas catro deputacións -que van rotando a responsabilidade anual de organizar a convocatoria- e a Xunta.

O primeiro galardoado foi Carlos Casares (1977) e o último, polo de agora, Xosé Neira Vilas. Na relación de persoeiros ou institucións recoñecidos co premio figuran nomes, entidades ou colectivos como Xaquín Lorenzo, Xosé Filgueira Valverde, Xesús Alonso Montero, a comunidade cisterciense de Oseira, Museo do Pobo Galego, Uxío Novoneyra, os centros galegos de Bos Aires e Montevideo, Méndez Ferrín, Antón Fraguas ou Francisco Fernández del Riego, entre outros. Nalgunhas edicións ten sido declarado deserto.