A capela do Carme de Muros, un exemplo de rehabilitación acaída

O templo barroco é un inmoble senlleiro e singular da vila muradá

La Voz

A Consellería de Cultura vén de rematar as obras de rehabilitación da capela da Virxe do Carme en Muros, un ben inventariado que ademais ten a consideración de inmoble senlleiro e singular na vila, incluída no ámbito delimitado como conxunto histórico. Foi un ano de traballo cun orzamento total de máis de 178.000 euros, xa que o templo precisaba dunha reforma evidente. Os traballos incluíron a consolidación dos muros de fábrica da capela, e tamén a introdución de barras de aceiro para o cosido de fendas.

Foi preciso substituír a estrutura de madeira da cuberta e erguer un novo tellado, a desmontaxe e posterior montaxe da espadana xa que había risco de caída e a construción dun sistema de recollida de auga de choiva para que non caia directamente sobre os muros.

A obra recepcionouse fai unhas semanas. A capela do Carme é unha obra de estilo barroco que foi construída coas aportacións de Xerónimo Durán, residente en Chile en 1766, tal e como conta a inscrición do edificio. Aínda que é de propiedade privada ofícianse misas nela e ten partes moi traballadas na súa estrutura, como son os pináculos nos estremos da fachada, ou a inscrición conmemorativa, tamén na fachada, que conta cun gran escudo, ao xeito italiano, coas armas do fundador.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de A Coruña

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
12 votos
Comentarios

A capela do Carme de Muros, un exemplo de rehabilitación acaída